• Asquerosamente rica, de Brian Azzarello e Víctor Santos

    Publicado por Panini, presentámosvos hoxe un título da súa liña adicada ao xénero negro "Panini Noir": "Asquerosamente rica", con guión de Brian Azzarello e debuxos do artista español Víctor Santos.

    Richard "Junk" Junkin sempre elixiu o camiño equivocado, o dos problemas. Antigo xogador profesional de fútbol americano cuxa carreira rematou por mor dunha lesión (e por un desagradable problema co xogo), Junk pasa a súa visa soñando co que podería ter sido, vendendo coches en Nova Jersey e desexando á filla do xefe, Vicki, incriblemente mimada, incriblemente sexy e incriblemente rica.

    Cando o seu xefe lle pide que sexa o gardacostas de Vicki, mentres ela arrasa pola noite en Nova York, Junk busca unha oportunidade. Pero non tarda en darse de conta de que Vicki quere un can faldreiro e non un acompañante, alguén que lle faga todo o traballo sucio -todo-, alguén que queira facerse asquerosamente rico...

    Non deixes pasar a oportunidade de ler esta fantástica historia ilustrada por un artista español que está a darse a coñecer máis alá do Atlántico!



    0 comentarios → Asquerosamente rica, de Brian Azzarello e Víctor Santos

    Publicar un comentario