• Antes de partir, de Jessica Warman

    Para comenzar a semana con bo pé, traémosvos unha novela do máis interesante, unha historia de amor e pantasmas, un relato con sentenza cun apaixoante comenzo e un inxenioso final: "Antes de partir", de Jessica Warman.

    Elizabeth Valchar celebra os dezaoito anos cos seus cinco mellores amigos no barco dos seus pais, e quedan a durmir.

    De madrugada, un ruído constante espértaa. É un golpeo pesado de algo vivo contra o barco, un peixe grande quizais atrapado entre o peirao e a popa... Vai frío na cuberta e Elizabeth agárrase con forza á varanda. Ao chegar ao punto de onde ven o sonido, mira cara abaixo e ve a unha rapaza coma ela, empapada, anegada, boca abaixo.

    Unha novela que te atrapará! 





    0 comentarios → Antes de partir, de Jessica Warman

    Publicar un comentario