• A mansión dos murmurios/La casa de los susurros, de David Muñoz e Tirso Cons

    Traémosvos hoxe unha obra por partida dobre. Trátase de "A mansión dos murmurios", en galego, e "La casa de los susurros", en castelán, con guión de David Muñoz e debuxo do pontevedrés Tirso Cons.

    A editorial Dolmen publicou a obra completa en castelán nun só tomo de tapa dura, mentres que El Patito Editorial optou por publicar a obra en galego por entregas, das que polo momento só temos a primeira, "A mansión dos murmurios. Libro primeiro. Sara".

    Checoslovaquia, 1949. Nunha recóndita mansión uns médicos curan os nenos vítimas dun terrible virus espallado polos nazis.

    Sara chega á misteriosa casa sen lembrar apenas nada do que lle aconteceu á súa familia, pero axiña se adentra co resto dos cativos nos aterradores segredos da mansión. De onde proceden os murmurios que circulan polas paredes da casa? Cal é a orixe da suposta doenza que padecen?

    Non deixes de ler un título imprescindible da Banda Deseñada feita no noso país, ben sexa en galego ou en castelán.



       
                                                                                                                                                                                                                            

    0 comentarios → A mansión dos murmurios/La casa de los susurros, de David Muñoz e Tirso Cons

    Publicar un comentario