• Por fin, despois de anos agardando, a editorial ECC, herdeira da meirande parte da BD antes publicada por Planeta DeAgostini, vén de sacar á venda unha nova edición do clásico escrito por Alan Moore e debuxado por David Lloyd "V de Vendetta". E faino nunha edición en rústica a un prezo máis que asequible.

    "V de Vendetta", ademáis de ser unha das maiores obras mestras da industria da Banda Deseñada e logradas dos seus autores, é unha historia espeluznante e terriblemente real sobre a perda da liberdade e da identidade do individuo que se ve inmerso nun mundo hostil, frío e totalitario.

    Co trasfondo dunha Inglaterra imaxinaria que caeu baixo a bota dun réxime fascista, analízase tanto a vida baixo un estado policial asfixiante coma o poder da rebelión e a resistencia do espíritu humano ante a opresión e o totalitarismo.

    Nun mundo onde todo o que non está prohibido é obrigatorio, un só home pode marcar a diferencia.

    A que estás agardando? Vén por el!


  • Traémosvos hoxe unha novela que está a conquitar Europa: "El fiordo de la eternidad", de Kim Leine.

    Ano 1782. O xoven Morten Falk trasládase a Copenhague para estudar teoloxía.  Sen embargo, o seu espíritu racionalista e libertino lévao a tomar decisións totalmente opostas ao destino que lle trazou a súa familia. Morten marcha entón cara a Groenlandia, o derradeiro baluarte tribal que aínda queda por someter ás regras do home europeo. Neses confíns da civilización onde xermolou unha rebelión que soña co ideario da Revolución Francesa vai atopar a súa felicidade e a súa perdición.

    "El fiordo de la eternidad", inspirada en feitos reais, viaxa das rúas de Copenhague de finais do século XVIII ata as inhóspitas terras de Groenlandia nun envolvente relato sobre a posibilidade de atopar un fogar e o eterno desexo de liberdade. Unha inmersión literario nos abismos do ser humano.


  • "La Rueda del Tiempo" é unha prestixiosa saga de literatura fantástica creada por Robert Jordan, composta por 14 títulos na edición orixinal e 20 na edición española (a cargo da editorial Timun Mas), dos que os tres últimos foron escritos por Brandon Sanderson tra-la morte en 2007 de Jordan.

    Aparte da mencionada saga, Jordan escribiu tamén "Nueva primavera", unha precuela ou protosecuela da súa magna obra. E é precisamente este título o que foi adaptado ao cómic en 2010, datando deste ano a súa edición en español, a cargo de Planeta DeAgostini.

    En palabras do propio Jordan, quen participou activamente na xestación do cómic, "o mundo da Roda do Tempo sitúase simultáneamente no noso futuro e no noso pasado. É un mundo de reis, raíñas e Aes Sedai, as mulleres capaces de canalizar o Saidar, a metade feminina do Poder Único. Este último fai xirar a Roda e rexe o universo. É un mundo no que a guerra entre a Luz e a Sombre líbrase a diario. No momento da Creación, o Creador desterrou ao Escuro fóra do mundo, pero hai máis de tres mil anos os Aes Sedai, entón homes e mulleres, entraron sen sabelo naquel cárcere do tempo. O Escuro só puido tocar o mundo levemente e o oco finalmente volveu selarse, pero o Escuro contaminou aos Saidin, a metade masculina do Poder. Tódolos homes Aes Sedais volvéronse tolos, e no Desmembramento do Mundo destruíron a civilización e mudaron a face da terra. Agora só as mulleres posúen o título de Aes Sedai. Lideradas pola Sede Amyrlin divididas en sete Ajahs, divididos por cores, gobernan a gran cidade insular de Tar Valon, onde se atopa a súa Torre Branca. Seguen a nacer homes capaces de aprender a canaliza-lo Poder, ou o que é peor, homes que algún día, quéirano ou non, canalizaráno. Condenadas á loucura, a destrucción e a morte, as Aes Sedai perséguenos, amansan e aillan o Poder para sempre polo ben do mundo. Ningún home sométese a isto voluntariamente, e aínda que sobrevivan á persecución non tardan en morrer despois de seren amansados. Por máis de tres mil anos, mentres nacían e caían nacións e imperios, nada suscitou tanto temor coma un home quen de canalizar. Pero durante todos eses anos existiron as Profecías do Dragón: que as ataduras do Escuro se debilitarán e volverá toca-lo mundo; e que o Dragón, que o pechou naquel burato, renacerá para volver afrontalo. Un neno, nado nalgún lugar das ladeiras do Monte do Dragón e á vista de Tar Valon, crecerá e convertiráse no Dragón Renacido. E será a única esperanza da humanidade na Última Batalla".

    Unha obra que, para moitos, está á altura de "Canción de Hielo y Fuego", agora en formado BD.



  • O vindeiro venres, 1 de Marzo, ás 7 da tarde estará connosco o escritor e crítico de cine Miguel Anxo Fernández, autor de "O sabre do francés" e da saga do detective privado californiano de pais galegos Frank Soutelo (composta, polo dagora, por "Un nicho para Marylin", "Luar no inferno", "Tres disparos e dou friames" e "Lume de cobiza").

    O escritor nado en O Carballiño charlará con todas aquelas persoas que desexen achegarse á libraría e firmará exemplares da súa obra.

    Lembrade: este venres ás 7 da tarde tedes unha cita que non vos podedes perder!





  • Como xa anunciaramos, o sábado pola tarde xogamos unha partida de "Arkham Horror", da que agora vos deixamos as fotos.

    Pese a non poder rematar a partida, porque no tempo se nos botou enriba, todo pintaba moi mal para nós, pois a pesar de facer tódolos esforzos que estaban na nosa man para impedir que o Primixenio espertara, todo parecía indicar que non ía tardar en facelo...

    Se vos gustan os xogos de taboleiro, estades de noraboa, pois o venres da semana que vén, 8 de marzo, teremos con nós aos amigos de Peká Editorial presentando o seu xogo de zombis "Huída de Silver City", ás 5 da tarde. Non volo perdades!

    Deixámosvos os enlaces á súa web e ao seu Facebook:
    http://pekaeditorial.wordpress.com/
    http://www.facebook.com/pages/Pek%C3%A1-Editorial/159919504061101?fref=ts




























  • A descoñecida editorial Pàmies vén de publicar a novela "La hija de Cleopatra", de Stephanie Dray, da que agora os deixamos unha pequena reseña.

    Despois da caída de Alexandría y da morte dos seus pais -a raíña Cleopatra e o xeneral Marco Antonio-, a princesa Selene é obrigada a abandonar Exipto camiño de Roma en compañía dos seus dous irmáns superviventes. Alí, os seus captores expoñerános polas rúas da cidade, cargados de cadeas, na celebración do triunfo de Octavio Augusto. Pero cando parece que serán axustizados, a irmá do emperador consegue que se lles perdoe a vida, acolléndoos baixo a súa tutela.

    Todo complícase cando aparecen uns estraños xeroglíficos tatuados nos brazos da princesa, que se da de conta de que a maxia de Exipto e da deusa Isis perviven nela, e de que nas súas mans reside o poder para lograr que o legado da súa nai non se perda.

    Atrapada polas intrigas da corte romana, que recea das súas orixes e da súa herdanza, Selene terá que loitar para salvar aos seus irmáns e non ser utilizada nos fins políticos do emperador, que está obsesionado con ter a súa propia Cleopatra, e quere servirse dela para controlar o norte de África.

    ¿Poderá Selene saír vitoriosa deste perigoso xogo de poder que acabou coa vida da súa nai? ¿Será suficiente o poder e a axuda da deusa Isis para plantar cara ao Imperio Romano?

    Unha novela histórica que non segue a liña habitual!


  • A editorial Dibbuks vén de publicar un cómic do máis interesante, á vez que disparatado. Trátase de "The Zumbies", obra de Julien CDM e Yan Lindigre, unha BD que vai un paso máis aló dentro da febre zombi que dende hai anos contaxia a todo tipo de arte de expresión, TV, cine, literatura..., agasallándonos cun título moi a ter en conta e que non decepciona.

    Despois dun periodo de calentamento global disparado, a civilización foi anegada. Tódolos animais viven en liberdade e os políticos foron expulsados da cidade. A Igrexa Cristiá reconciliada por un lado e os rockeiros confederados polo otro plelexan polos lugares de culto.

    Así, o templo parisino do Sagrado Corazón, rebautizado como "Holy Rock Empire", transformouse na meca do punk-rock.

    E esta noite vai ser movidiña no Rock Empire porque no cartel están... THE ZUMBIES!!!!

    Un título imprescindible e, sobre todo, distinto. Non o perdas!


  • Chega a nova novela de Ildefonso Falcones despois de abraiar a medio mundo con "La catedral del mar" e "La mano de Fátima": "La reina descalza".

    En Xaneiro de 1748, unha muller negra deambula polas rúas de Sevilla. Atrás deixou un pasado escravo na lonxana Cuba, ao fillo que nunca volverá ver e unha longa viaxe en barco ata as costas españolas. Caridad xa non ten un amo que lle dea ordes, pero tampouco un lugar onde abeirarse cando se cruza no seu camiño Milagros Carmona, unha xove xitana de Triana por cuxas veas corre o sangue da rebeldía e a arte dos da súa raza.

    As dúas mulleres convértense en inseparables e, entre zarabandas e fandangos, a xitana confesa á súa nova amiga o seu amor polo aposto e arrogante Pedro García, de quen lle separan antigos odios entre ambas familias. Pola súa parte, Caridad esfórzase por acalar o sentimento que está a nacer no seu corazón cara a Melchor Vega, o avó de Milagros, un home desafiante, bribón e seductor aínda que tamén firme defensor da honra e a lealdade para cos seus.

    Pero cando un mandato real converte a tódolos xitanos en proscritos, a vida de Milagros e Caridad dá un tráxico xiro. Aínda que os seus camiños se separan, o destino volverá unilas nun Madrid onde conflúen contrabandistas e cómicos, nobres e viláns; un Madrid que se rinde á paixón que emana das voces e bailes desa raza de príncipes descalzos.

    Ildefonso Falcones propónnos unha viaxe a unha época apaixoante, tinguida polos prexuízos e a intolerancia. Dende Sevilla a Madrid, dende o tumultuoso bulicio da xitanería ata os teatros señoriais da capital, os lectores gozarán dun fresco histórico poboado de personaxes que viven, aman, sofren e pelexan polo que cren xusto. Fiel reflexo duns homes e mulleres que non agocharon a cabeza e que alzaron a voz para enfrontarse ao orde establecido.


  • Publicado por Panini, presentámosvos hoxe un título da súa liña adicada ao xénero negro "Panini Noir": "Asquerosamente rica", con guión de Brian Azzarello e debuxos do artista español Víctor Santos.

    Richard "Junk" Junkin sempre elixiu o camiño equivocado, o dos problemas. Antigo xogador profesional de fútbol americano cuxa carreira rematou por mor dunha lesión (e por un desagradable problema co xogo), Junk pasa a súa visa soñando co que podería ter sido, vendendo coches en Nova Jersey e desexando á filla do xefe, Vicki, incriblemente mimada, incriblemente sexy e incriblemente rica.

    Cando o seu xefe lle pide que sexa o gardacostas de Vicki, mentres ela arrasa pola noite en Nova York, Junk busca unha oportunidade. Pero non tarda en darse de conta de que Vicki quere un can faldreiro e non un acompañante, alguén que lle faga todo o traballo sucio -todo-, alguén que queira facerse asquerosamente rico...

    Non deixes pasar a oportunidade de ler esta fantástica historia ilustrada por un artista español que está a darse a coñecer máis alá do Atlántico!



  • Para comenzar a semana con bo pé, traémosvos unha novela do máis interesante, unha historia de amor e pantasmas, un relato con sentenza cun apaixoante comenzo e un inxenioso final: "Antes de partir", de Jessica Warman.

    Elizabeth Valchar celebra os dezaoito anos cos seus cinco mellores amigos no barco dos seus pais, e quedan a durmir.

    De madrugada, un ruído constante espértaa. É un golpeo pesado de algo vivo contra o barco, un peixe grande quizais atrapado entre o peirao e a popa... Vai frío na cuberta e Elizabeth agárrase con forza á varanda. Ao chegar ao punto de onde ven o sonido, mira cara abaixo e ve a unha rapaza coma ela, empapada, anegada, boca abaixo.

    Unha novela que te atrapará! 





  • Como xa anunciabamos, o vindeiro sábado, 23 de Febreiro ás 5 da tarde, teremos na nosa libraría unha partida do xogo de mesa "Arkham Horror", baseado no universo creado polo escritor H.P. Lovecraft.

    Se estades interesados en probar este xogo de balde e sen compromiso de ningún tipo, só tedes que apuntarvos, ben sexa pasando pola libraría, por teléfono, por mail o avisando no noso Facebook. Date presa, só hai 8 prazas!

    Se queredes coñecer un pouquiño o xogo, entrade na web mijuegodelmes.com onde o mestre Masivi está a facer unha análise pormenorizada do xogo neste mes de Febreiro. Ademáis, contaremos coa súa presencia na nosa partida.

    E se o pasas ben e queres merca-lo xogo, ofreceremos descontos a tódolos participantes: 10% de desconto no xogo novo  e unha rebaixa de 12 € no xogo que abramos expresamente para a partida.

    O prezo do xogo novo é de 54,95 €.




  • Aquí vos deixamos as fotos da presentación que fixo David Rubín da súa obra "El héroe" onte, 15 de Febreiro, na nosa libraría. A cada persoa non só lle adicou o cómic, senón que lle fixo un espectacular debuxo (dos que vos mostramos os nosos)! Mil grazas, David, por estar connosco! Esperamos terte de novo moi pronto.



























  • Traémosvos hoxe unha obra por partida dobre. Trátase de "A mansión dos murmurios", en galego, e "La casa de los susurros", en castelán, con guión de David Muñoz e debuxo do pontevedrés Tirso Cons.

    A editorial Dolmen publicou a obra completa en castelán nun só tomo de tapa dura, mentres que El Patito Editorial optou por publicar a obra en galego por entregas, das que polo momento só temos a primeira, "A mansión dos murmurios. Libro primeiro. Sara".

    Checoslovaquia, 1949. Nunha recóndita mansión uns médicos curan os nenos vítimas dun terrible virus espallado polos nazis.

    Sara chega á misteriosa casa sen lembrar apenas nada do que lle aconteceu á súa familia, pero axiña se adentra co resto dos cativos nos aterradores segredos da mansión. De onde proceden os murmurios que circulan polas paredes da casa? Cal é a orixe da suposta doenza que padecen?

    Non deixes de ler un título imprescindible da Banda Deseñada feita no noso país, ben sexa en galego ou en castelán.



       
                                                                                                                                                                                                                            

  • Os templarios parecen ser unha fonte inagotable da que a miúdo bebe o mundo da literatura. Tanto é así que ahora chéganos unha nova novela que os ten como protagonistas: "Las monedas de Judas", de Carlos Lens.

    Poder, cartos, coñecemento, honra e gloria, a Orde dos Pobres Cabaleiros de Cristo e do Templo de Salomón atópase no momento culminante do seu esplendor e moi lonxe daqueles primeiros nove cabaleiros que eran tan pobres que tiñan que compartir un cabalo entre dous xinetes, como figura no seu escudo. Pero o poder tamén crea envexas e rancores entre os poderosos da Terra, o rei de Francia e o papa de Roma, que van desencadear un golpe mortal contra a institución e, sobre todo, contra o seu prestixio.

    No medio desta conspiración, o cabaleiro Adalbert de Tannenberg, destinado na fortaleza templaria de Chipre, recibe o encargo de avisar ao Gran Mestre Jacques de Molay, pero os seus esforzos son en van e os templarios acaban disoltos e os seus dirixentes encarcerados. Adalbert consigue entrar na prisión do Gran Mestre e este lle encarga o traslado da reliquia máis sagrada do Temple. Fiel á súa misión percorrerá o reino da Coroa de Aragón e entrará en contacto cos reinos árabes da península, onde atopará a axuda e a amizade que lle negan os reinos cristianos. Pero o seu destino atópase en Escocia, onde deberá de depositar as reliquias na capela de Rosslyn.

    O deber e o compromiso coa súa Orde empuxarán a Adalbert a vivir as aventuras máis ousadas e a enfrontarse aos perigos máis insospeitados, para regresar por fin á paz e a comprensión do amor que atopara no Reino de Valencia.

    Se che gusta a novela histórica e de aventuras, este título é, sin dúbida algunha, o teu.




  • A editorial Dibbuks ven de publicar unha obra indispensable da Banda Deseñada. Trátase de "Local"

    Da man de Brian Wood ("Demo", "DMZ", "Northlanders") e Ryan Kelly ("Lucifer", "American Virgin", "The New York Four") chéganos "Local", unha recompilación de doce historias curtas interrelacionadas que comezan con Megan McKeenan, unha xove que abandona Portland, Oregón, con só unha mochila e ganas de viaxar.

    Cada un deste relatos emocionais é un ano na vida desta xove vagabunda que anda a procura dun sitio ao que chamar fogar, tanto física como espiritualmente. Ambientada en doce cidades reais de Norteamérica, este volume profusamente ilustrado recompila por primeira vez esta serie aplaudida pola crítica que o guionista Brian K. Vaughan ("Lost", "Runaways", "Y: el último hombre") calificou como "os retazos de vida máis afilados que viu o medio".

    "A curtametraxe que non veredes no Festival de Sundance ou no IFC", Sequential Tart.

    "Ides querer lelo. Confiade en min", Warren Ellis.

    "Cada páxina é unha fantástica imaxe a tinta que debe de ser saboreada", Variety.

    "O mellor cómic independiente de 2007", G4 TV.

    Unha obra indispensable nesta Semana da Banda Deseñada!



  • Recén saído da imprenta, chega ás libraría o último traballo de Javier Sierra, "El maestro del Prado y las pinturas proféticas".

    Un libro asombroso. Só así pode definirse o que o autor de "La cena secreta" confía agora aos seus lectores. Esta aventura comeza en 1990, cando Javier Sierra tropeza nas galerías do Museo del Prado con misterioso personaxe que se ofrece para explicarlle as claves agochadas dalgunhas das súas obras mestras. Visións místicas, anunciamentos proféticos, conspiracións, herexías e ata mensaxes que parecen chegadas do "outro lado" inspiraron a mestres coma Rafael, Tiziano, el Bosco, Juan de Juanes, Botticelli, Brueghel ou el Greco. E segundo este inesperado mestre, o que todos eles deixaron escrito nas súas pinturas é tan sobrecolledor como revolucionario.

    Léao como a mellor das novelas mentres descobre un lado da cultura pictórica europea que nin imaxinaba.



  • CONFIRMADODavid Rubín estará connosco asinando exemplares da súa obra o venres da semana que vén, 15 de Febreiro, ás 7 da tarde.

    Se es amante da mellor Banda Deseñada, non o dubides: pasa pola nosa libraría e leva un exemplar de "El héroe", ou do título que prefiras, persoalmente asinado polo autor!



  • Nesta Semana da Banda Deseñada, traémosvos un cómic que leva algún tempo connosco pero que merece un destacado recoñecemento: "La niña de sus ojos", de Mary M. Talbot e Bryan Talbot.

    En parte historia personal, en parte biografía, "La niña de sus ojos" contrapón dúas narracións sobre a chegada á idade adulta: a de Lucia, filla de James Joyce, e a da propia autora, Mary M. Talbot, filla do escritor irlandés James S. Atherton. As expectativas sociais e a política de xénero, las ambicións frustradas e a traxedia persoal están representadas mediante dous contextos históricos diferentes, dolorosamente evocados pola atmósfera da narración visual do premiado Bryan Talbot. Producto dunha intensa colaboración entre escritora e artista, "La niña de sus ojos" é intelixente, divertida e triste.

    "La niña de sus ojos é dobremente agradable pola estructura maxistral que a escritora Mary M. Talbot realiza das dúas relacións pai-filla, e o igualmente brillante debuxo de Bryan Talbot, quen me transportou cara adiante e cara atrás entre a descarnada posguerra da Gran Bretaña e a ledicia do París dos anos vinte e trinta do século XX. Este é un dos mellores esforzos de colaboración que vin no medio do cómic" (Joe Sacco, "Gorazde. Zona protegida").