• Una vacante imprevista, de J.K. Rowling

    Parecía que o tremendo éxito colleitado polas novelas de Harry Potter (magnificado pola súa adaptación ao cine) abocaría á súa autora, J.K. Rowling, ao máis estrepitoso fracaso en calquera outro xénero que non fose o das novelas para rapaces. Pois en contra disto, a escritora inglesa calou máis dunha boca sacando ao mercado "Una vacante imprevista", o seu primeiro libro destinado ao público adulto e co que está a obter moi boas críticas.

    Coa súa praza adoquinada e a súa antiquísima abadía, Pagford semella ser unha típica pequena vila inglesa, un lugar idílico no que a vida transcorre con plácida tranquilidade.

    Sen embargo, os seus habitantes están inmersos nunha realidade moi diferente. Tra-la conmoción causada pola súbita morte de Barry Fairbrother, desencadéase unha auténtica batalla por ocupar a vacante deixada por Barry no conselllo parroquial, onde se decide o destino dunha urbanización de dubidosa legalidade.

    E cando a tensión fai aflorar unha serie de conflitos latentes que involucran a toda a vila -fillos contra pais, pobres contra ricos, mulleres contra homes, alumnos contra mestres-, a paixón, a hipocresía e, especialmente, os secredos que adoitan anidar nunha comunidade pequena desempeñarán un papel decisivo no futuro de Pagford.

    Non perdas de ler a nova obra dunha narradora extraordinaria que non deixa de sorprender a propios e estraños.




    0 comentarios → Una vacante imprevista, de J.K. Rowling

    Publicar un comentario