• Un mar oscuro, de Anne Perry

    Recén chegado á libraría, ofrecémosvos hoxe "Un mar oscuro", a nova entrega da saga de William Monk, escrita pola archi-coñecida escritora inglesa Anne Perry.

    Será Monk quen de revelar a verdade oculta detrás dunha conspiración mortífera en torno ao comercio de opio?

    É o ano 1864. Na ribeira do Támesis Monk queda consternado ante a arrepiante mutilación dunha muller cuxo cadáver é atopado no peirao de Limehouse. Pero cando investiga o brutal asasinato e descobre a relación da vítima co doutor Lambourn, brillante científico falecido recentemente e firme defensor dunha nova lei de farmacia para regular a venta de opio, resulta evidente que non todo é o que parece.

    A viúva de Lambourn négase a crer o veredicto final segundo o que a morte do seu home foi un suicidio; está convencida de que foi asasinado despois de que a investigación que estaba levando a cabo fora desacreditada por funcionarios do goberno resoltos a non poñer trabas ao lucrativo comercio do opio.

    Mentres aumentan as presións sobre a Policía Fluvial para que descobra ao asasino de Limehouse, Monk emprende unha precipitada investigación que afondará nos aspectos máis turbios do comercio de opio, ameazando con poñer ao descuberto unha trama corrupta que salpica aos estratos máis altos da sociedade...

    Anne Perry chega, como sempre, disposta a atrapar aos lectores cunha nova trama de investigación criminal e asasinatos.





    0 comentarios → Un mar oscuro, de Anne Perry

    Publicar un comentario