• Sólo para gigantes, de Gabi Martínez e Tyto alba

    Aquí vos deixamos unha nova aposta pola Banda Deseñada made in Spain. Trátase de "Sólo para gigantes", baseado na novela homónima de Gabi Martínez (guionista tamén do cómic) e debuxado por Tyto Alba.

    O 2 de Agosto de 2002, Jordi Magraner, zoólogo de orixe valenciá cuxa xuventude transcurriu na localidade francesa de Valence, amenceu degolado na súa casa do val de Bumburet (Pakistán). Jordi chegou ao Hindu Kush pakistaní quice anos atrás na procura de novas especies animais, aínda que o seu principal obxectivo na misión era o de atopar ao yeti.

    Jordi percorreu o norte de Pakistán e o nordeste de Afganistán no marco das súas investigacións científicas y mantivo unha loita constante coas autoridades e institucións francesas e pakistanís por conseguir cartos e permisos para as súas expedicións. Levou a cabo unha notable labor humanitaria en defensa dos kalash -un pobo pagano rodeado de musulmáns- e, ao mesmo tempo, comezou a resultar un personaxe incómodo, de forma crecente coa expansión da influencia talibán.

    Poucos anos despois do asasinato de Jordi Magraner, o escritor barcelonés Gabi Martínez faise eco da súa historia e viaxa ata Pakistán para falar cos protagonistas, mergullándose na investigación da morte de Jordi, aínda sen resolver máis de 10 anos despois do suceso. Do froito do seu traballo xurdiu a súa novela "Sólo paras gigantes", e agora, a súa adaptación en cómic coa arte do pintor, guionista e ilustrador Tyto Alba.


    0 comentarios → Sólo para gigantes, de Gabi Martínez e Tyto alba

    Publicar un comentario