• Semana da novela negra, de intriga e de terror

    A vindeira semana (14 a 19 de Xaneiro) será a Semana da novela negra, de intriga e de terror en Libraría Vagalume.

    Con semellante motivo, faremos un 5% de desconto en toda unha serie de títulos que indicaremos a tal efecto.

    Non deixes pasar esta oportunidade e ven á nosa tenda a mercar eses títulos que levan tempo no teu punto de mira e lévaos a un prezo menor.

    Ademáis, levaredes como obsequio os dous marcapáxinas que resultaron gañadores no I Concurso de Debuxo que organizamos cos nenos de Lalín a finais do pasado ano 2012.

    Estade tamén atentos á nosa páxina web e ao noso Facebook porque imos poñer en marcha unha chea de semanas temáticas, das que esta é a primeira,  na que ofreceremos interesantes descontos.


    0 comentarios → Semana da novela negra, de intriga e de terror

    Publicar un comentario