• Semana da novela histórica e da biografía

    Tal e como anunciabamos, seguimos coas nosas semanas temáticas.

    A vindeira semana (28 de Xaneiro a 2 de Febreiro) será a Semana da novela histórica e da biografía en Libraría Vagalume.

    É por esta razón que faremos un 5% de desconto en toda unha serie de títulos que encaixen neses xéneros e que disporemos oportunamente.

    Teredes libros de escritores super-ventas, como poden ser Ken Follet ou Matilde Asensi.

    Aproveitade a oportunidade e vinde mercar eses títulos que hai tempo que tedes ganas de ler a un prezo menor.

    Ademáis, e como levamos facendo hai unha tempada, conseguiredes (todos os que non o teñades xa, claro) o noso bono-libro, no que apuntaremos tódolos títulos que merquedes da promoción e co que podedes obter descontos moi interesantes!


    0 comentarios → Semana da novela histórica e da biografía

    Publicar un comentario