• Lo que esconden las nubes oscuras, de Anne Holt

    Traémosvos hoxe unha novela inédita da escritora Anne Holt que publica Roca Bolsillo: "Lo que esconden las nubes oscuras".

    Unha chuviosa tarde de venres en xullo de 2011 aparece morto na súa casa de Oslo Sander Mohr, o fillo de oito anos dunha familia acomodada da cidade. Os pais, inconsolables, falan coa sicóloga penal Inger Johanne Vik, que determina que a morte debeuse a un tráxico accidente doméstico. Tan só Henrik Holme, un xoven axente da policía que apenas hai seis semanas que se graduou, sospeita do pai. Sen experiencia, pero con gran forza de vontade e apoiándose no seu instinto, fai todo o posible por convencer a Vik para que o apoie na súa liña de investigación.

    "Lo que esconden las nubes oscuras" é o quinto e último volume da serie protagonizada por Inger Johanne Vik e Yngvar Stubo, que é un éxito internacional de crítica e ventas.

    Se gustaches dos anteriores títulos da serie escrita por Anne Holt, non dubides en vir por este último e así completar a túa colección.



    0 comentarios → Lo que esconden las nubes oscuras, de Anne Holt

    Publicar un comentario