• Las águilas de Roma, de Enrico Marini

    Entre os autores de Banda Deseñada europea destaca merecidamente o autor italiano Enrico Marini ("El Escorpión", "Gipsy", "Rapaces").

    Ata o momento, a súa última obra é a que nos ocupa, "Las águilas de Roma", que narra como dous irmáns de sangue aprenden o camiño da rectitude romana e descobren o destino que a deusa fortuna lles depara.

    No segundo volume, os dou irmáns unidos por un xuramento e por un pacto de sangue deberán enfrontarse a un mesmo destino. Ámbolos dous teñen un brillante futuro por diante, pero os deuses téñenlles preparadas moitas sorpresas...

    Na terceira entrega, os dous irmáns de sangue atópanse en Germania. Lugar de orixe de Arminio e da nai de Marco, esta rexión comeza a ser un problema para Roma. Para os irmáns, chegou o momento de tomar posicións e demostrar a súa lealtade ao Imperio e a si mesmos.

    Un romano nunca tema á morte, un romano non sabe o que é a derrota, un romano sempre se debe a Roma.


    0 comentarios → Las águilas de Roma, de Enrico Marini

    Publicar un comentario