• George R.R. Martin

    Adicamos nesta ocasión a nova entrada a un autor que pouco a pouco nos últimos tempos foi gañando unha lexión de fans. Trátase do escritor de Nova Jersey George R.R. Martin.

    Alá polo ano 1996, Martin publicou a primeira entrega do que sería a súa magna obra, "Canción de hielo y fuego". Esa novela non era outra que "Juego de tronos", á que seguirían catro continuacións (polo momento), convertíndose na chamada "novela río" máis importante de tódolos tempos. Paulatinamente, Martin foi sumando seguidores a moreas, converténdoo nun escritor "de culto" e xerando nos seus lectores o fervente desexo de que se publicaran máis e máis libros da saga.

    Entón, xa no mercado a carta entrega, "Festín de cuervos", a cadea de TV americana HBO decide adaptar o primeiro libro á pequena pantalla. Resultado: a serie do ano, conseguindo cotas de pantalla elevadísimas, e repetindo éxito alá onde se estrea. Nese momento, Martin pasa a converterse nun escritor de masas, pois a meirande parte dos que non coñecían a súa obra pero que viran a serie, de súpeto queren ler os libros.

    E claro, cando se publica a quinta parte, "Danza de dragones", de seguido sube aos primeiros postos nas listas de ventas.

    Dende Libraría Vagalume queremos rendir un homenaxe a este excelente escritor, que ten moito que dicir porque "Canción de hielo y fuego" aínda non rematou...

    De Martin temos na tenda: "Juego de tronos", "Choque de reyes", "Tormenta de espadas", "Festín de cuervos" e "Danza de Dragones" na súa edición en rústica (Ed. Gigamesh), "Juego de tronos" na nova edición de bolsillo nun só tomo (Ed. Gigamesh), "Tormenta de espadas" na edición de bolsillo tradicional en tres tomiños (Ed. Gigamesh), "Muerte de la luz" (Ed. Gigamesh), "Refugio del viento", coescrito con Lisa Tuttle (Ed. Gigamesh) e "Los viajes de Tuf" (Ediciones B).


    0 comentarios → George R.R. Martin

    Publicar un comentario