• El polvo de los antepasados, de Félix Pestemer

    Na reseña de hoxe traémosvos un cómic peculiar e que chama poderosamente a atención: "El polvo de los antepasados", de Felix Pestemer.

    En México, o vixilante do museo Eusebio Martínez retorna á súa provincia natal para facer por fin as paces coa familia Rojas. Hoxe, día dos Mortos, os seus antigos inimigos regresarán do máis alá para volver atoparse cos vivos. Sen embargo, a noticia do tráxico falecemento do pequeno Benito Ríos espertará ás pantasmas do pasado, empuxando a Eusebio a fuxir novamente. A través dunha carta tentará consolar á nai do neno: os mortos seguen existindo e non se converten en pó ata que caen no esquecemento.

    Como homenaxe aos pintores miralistas mexicanos, son sobre todo as imaxes de "El polvo de los antepasados" as que narran a historia, evocando unha cultura na que a morte non é un tabú, senón un reflexo da cotidianeidade dun pobo que celebra a morte e que fai danzar aos esqueletos.


    0 comentarios → El polvo de los antepasados, de Félix Pestemer

    Publicar un comentario