• El misterio del Capitán Nemo, de Gabella, Kenny e Maz!

    Recén saído da editorial Dolmen, acaba de chegar á nosa libraría o cómic "El misterio del Capitán Nemo", de Gabella, Kenny e Maz!

    En plena guerra de Secesión, cinco soldados ianquis escapan nun globo fuxindo das tropas sudistas. 

    Sorprendidos por unha terrible tempestade, o globo vai á deriva varios días, antes de aterrizar  nunha illa deserta. Alí atoparán refuxio nunha gruta misteriosa que agocha unha incrible instalación científica. Pronto comezarán a  producirse fenómenos inexplicables, forzas misteriosas parecen opoñerse a tódolos seus esforzos por escapar da illa.

    Tódolos indicios conduciránlles hacia unha sombra surxida do pasado, unha figura mítica que percorreu tódolos océanos do globo, que explorou tódalas súas insospeitadas profundidades.

    Unha lenda que aterroriza á meirande potencia naval do século XIX: o Imperio Británico.

    Esta que van descubrir é a súa historia.

    Inspirado polas magníficas novelas de Xulio Verne, chega un exemplar da mellor Banda Deseñada que non debería faltar en ningunha biblioteca.



    0 comentarios → El misterio del Capitán Nemo, de Gabella, Kenny e Maz!

    Publicar un comentario