• El guardián invisible, de Dolores Redondo

    Presentamos hoxe unha novela que está dando moitísimo que falar. Trátase de "El guardián invisible", de Dolores Redondo, que xa é un fenómeno editorial coa súa vindeira publicación en dez linguas e a venda dos dereitos cinematográficos ao mesmo productor que apostou pola triloxía "Millennium", de Stieg Larsson. A obra convertiráse nunha triloxía, da que a autora xa está traballando na segunda entrega.

    "Ainhoa Elizasu foi a segunda vítima do basajaun, aínda que daquela a prensa non o chamaba así. Foi un pouco máis tarde cando trascendeu que arredor dos cadáveres aparecían pelos de animal, restos de pel e rastros dubidosamente humanos, unidos a unha especie de fúnebre cerimonia de purificación. Unha forza maligna, telúrica e ancestral parecía ter marcado os corpos daquelas case nenas coa roupa rasgada, as partes íntimas rasuradas e as mans dispostas en actitude virxinal".

    Nas marxes do río Batzán, no val de Navarra, aparece o corpo nú dunha adolescente nunhas circunstancias que o poñen en relación cun asasinato ocorrido nos arredores un mes atrás.

    A inspectora da sección de homicidios da Policía Foral, Amaia Salazar, será a encargada de dirixir unha investigación que a levará de volta a Elizondo, unha pequena vila de onde é orixinaria e da que tratou de fuxir toda a súa vida. Enfrontada coas cada vez máis complicadas derivacións do caso y coa súas propias pantasmas familiares, a investigación de Amaia é unha carreira contrarreloxo para dar cun asasino que pode amosar a faciana máis aterradora dunha realidade brutal ao tempo que convocar aos seres máis inquietante das lendas do Norte.

    Non o dubides e ven polo libro do ano!


    0 comentarios → El guardián invisible, de Dolores Redondo

    Publicar un comentario