• Demo Editorial

    Nesta nova entrada adicada á Banda Deseñada queremos destacar a excelente labor que está a levar a cabo a pequena editorial Demo, publicando toda unha serie de cómics made in Galicia, que tratan temas da nosa terra e feitos por autores de aquí, comandados por Manel Cráneo.

    Para máis información sobre a tarefa levada a cabo por esta editorial radicada na Coruña, podedes consulta-lo seu blogue http://demoeditorial.blogspot.com.es/ ou poñervos en contacto con eles na dirección demo.editorial@gmail.com.

    En Libraría Vagalume dende o principio quixemos ofrecer aos nosos clientes a oportunidade de mercar cómics na súa vila, e cando soupemos da existencia desta modesta editorial, de seguida nos puxemos en contacto con eles para apoiar a súa iniciativa converténdonos nun punto de venta do seu producto. Bravo por eles!

    Desta editorial, temos na tenda os seguintes títulos:

    - "Castelao. O pobre tolo", de Inacio (nado en Lalín) e Iván Suárez.
    - "Castelao. Titoán", de Inacio e Iván Suárez. Premio Castelao 2011.
    - "Punto de fuga", de Miguel Cuba.
    - "Sálpock. O val dos cegos", de Álvaro López e Luis Sendón.
    - "Cabanan de Balieiros", de Tokio.
    - "Sen mirar atrás", de Dani Montero (tamén disponible en castelán na mesma editorial: "Sin mirar atrás"). Premio Castelao 2009.
    -" Contos de mortos", de Manel Cráneo.
    - Pack "Os lobos de Moeche" + "A terra dos mouros", de Manel Cráneo.
    - "Mamed Casanova. El hijo de la ira", de Manolo López Poy e Miguel Fernández (a versión en galego, "O fillo da furia", está esgotado).

    Completa o seu catálogo "A man do diaño", de Brais Rodríguez. Premio Castelao 2010.





    0 comentarios → Demo Editorial

    Publicar un comentario