• David Rubín

    Dende Libraría Vagalume tratamos sempre de romper unha lanza en favor desa forma de literatura tan digna coma calquera outra que é a Banda Deseñada. E precisamente por isto mesmo é que adicamos esta nova entrada a unha persoa que está a brillar con luz propia no máis que complicado mundo do cómic. Esta persoa non é outra que o guionista e debuxante ourensán David Rubín, actualmente de xira presentando o seu excelente cómic "El héroe. Libro dos", da editorial Astiberri.

    Rubín leva uns anos nesto, pero foi a raíz de se publicar "El héroe. Libro uno" que deu a badalada, sendo recoñecido a nivel nacional como un dos grandes ilustradores contemporáneos do noso país. Pero xa había vida antes de "El héroe", Rubín levaba xa un tempo facendo esforzos hercúleos (permitídeme o guiño) por facerse un oco na Banda Deseñada made in Spain. E vaia se o conseguiu!

    De Rubín temos na nosa tenda, aparte dos mencionados "El héroe. Libro uno" e "El héroe. Libro dos" (Ed. Astiberri), os seguintes títulos: "La tetería del oso malayo" (Ed. Astiberri), "El circo del desaliento" (Ed. Astiberri), "Onde ninguén pode chegar" (Lea Edicións), "Cuaderno de tormentas. Crónica de los deambulares por Ciudad Espanto" (Ed. Planeta DeAgostini) e unha adaptación da clásica obra de William Shakespeare "Romeo & Julieta", con guión de Ricardo Gomez (Ed. SM). Non o dubides e ven por eles!

    Ah! E estade atentos á nosa web e ao noso Facebook (no que tamén podedes seguir a Rubín), pois no vindeiro mes de Febreiro teremos a este xenial autor connosco na tenda asinando exemplares da súa obra.



    0 comentarios → David Rubín

    Publicar un comentario