• Batman. Arquitectura mortal, de Chip Kidd e Dave Taylor

    Como se acostuma a dicir, para gustos, cores. É por iso que en Libraría Vagalume tratamos de ter un pouco de todo, de ahí que agora os traiamos un cómic dun personaxe mítico e do máis comercial: Batman, o Home Morcego. Trátase de "Batman. Arquitectura mortal", de Chip Kidd e Dave Taylor.

    Nos inicios da súa carreira como xusticeiro, Bruce Wayne aspira tamén a perpetuar o valioso legado arquitectónico da súa familia en Gotham. Cando unha grúa cae sobre a Estación Central, e case sobre el mesmo, Batman da comezo a unha investigación para esclarecer quen anda detrás de numerosas ameazas similares. O desfile de sospeitosos será incesante... E entre eles figurará unha experta en urbanismo, Cyndia Syl, ademáis do Joker e o vilán chamado Exacto. Todos veránse as caras nalgúns dos máis emblemáticos edificios da cidade... antes de que caian con case total certeza.

    "Batman. Arquitectura mortal" é unha trepidante historia escrita polo veterano e galardonado deseñador Chip Kidd, de ampla carreira en DC Comics, e ilustrada na súa totalidade por Dave Taylor, que plasma nas súas páxinas un dos máis certeiros e visualmente impactantes homenaxes que se recordan aos primeiros tempos do Cabaleiro Escuro. O resultado posee unha atmósfera que evoca directamente a Idade de Ouro de cómic norteamericano, a época que viu nacer ao lexendario personaxe creado por Bob Kane, e á vez un estilo narrativo do agrado de calquera lector actual.


    0 comentarios → Batman. Arquitectura mortal, de Chip Kidd e Dave Taylor

    Publicar un comentario