• Apocalipsis, de Mario Giordano

    Recén chegado á nosa tenda, temos un título que encaixa á perfección nesta semana adicada á novela negra, de intriga e de terror: "Apocalipsis", de Mario Giordano.

    Roma. Conmoción na Cidade Eterna. O Papa Juan Pablo III renunciou ao trono e desapareceu. Ninguén sabe sequera se aínda está vivo. Ao mesmo tempo, os seus colaboradores máis achegados morren asasinados. De forma brutal.

    Mentres comeza o cónclave para elixir á nova cabeza visible da Igrexa, o xornalista Peter Adam, corresponsal no Vaticano, busca ao Papa desaparecido. As pistas levan a unha misteriosa orden que actúa clandestinamente contra a Igrexa dende hai séculos. Os seus adeptos baséanse nunha profecía da época medieval: despois do actual pontífice, virá outro que adoptará o nome de Pedro II. Será o derradeiro Papa que ocupará o trono de Pedro.

    É inminente o apocalipse? E se é así, que significará? O cumprimento dun vello soño da humanidade ou a fin do mundo?

    Peter Adam descobre que o seu propio pasado está ligado aos sinistros poderes máis estreitamente do que quixera; para os conspiradores, el é a clave do Apocalipse...

    Unha novela que te atrapará e que non serás quen de deixar ata rematala.


    0 comentarios → Apocalipsis, de Mario Giordano

    Publicar un comentario