• Se disfrutástedes con "El abuelo que saltó por la ventana y se largó", gustaredes da novela que vos presentamos hoxe: "Unos días para recordar", de Marie-Sabine Roger.

    Jean-Pierre Fabre, un sesaxenario que caeu ao Sena (non sabe como nin por que), atópase atrapado nunha cama de hospital, privado de tranquilidade e intimidade, coa porta da súa habitación sempre aberta e arrodeado de médico e enfermeiras.

    O moi paciente señor Fabre entretense recordando a súa nenez, a súa rebelde adolescencia e as mulleres ás que amou. Mentres tanto, tenta librarse dos intrusos que veñen importunalo: un policía sentimental, un universitario que se prostitúe, unha enfermeira filósofa, un neurólogo depresivo, a adolescente que teima en usar o seu ordenador ou o "cirurxián-deus" que máis que reparalo desexa reformalo. Sen embargo, estes encontros van dar un xiro inesperado e lle brindarán a oportunidade de comezar unha nova vida.

    Tenra, divertida e optimista, "Unos días para recordar" é unha fábula hospitalaria que nos fala do tesón, da amizade e do pracer de vivir a calqueira idade.


  • Traémosvos hoxe unha obra singular que narra a historia do propio autor, Mana Neyestani. Trátase de "Una metamorfosis iraní", ilustrada polo artista Hassan Karimzadeh.

    O pesadelo de Mana Neyestani comeza en 2006, o día en que debuxa unha conversación entre un neno e unha cascuda no suplemento infantil dun semanario iraní. O problema está en que a cascuda debuxada por Mana utiliza unha palabra azerí. Os azerís, pobo de orixe turca residente no Norte de Irán, están dende hai moito tempo oprimidos polo réxime central. Para algúns deles, este debuxo é a gota que enche o vaso e un pretexto perfecto para provocar unha revolta. O réxime de Teherán precisa dun chibo expiatorio, e este será Mana. Xunto ao editor da revista, é levado á Prisión 209, unha sección non oficial da prisión de Evin, verdadeiro cárcere baixo a administración da VEVAK, o Ministerio de Información e Seguridade Nacional. Non é un lugar moi agradable. Mentres os dous homes padecen semanas de illamento e interrogatorios, os azerís organizan múltiples manifestacións contra o goberno. As autoridades dan orde de disparar aos manifestantes, provocando numerosas vítimas, pero consideran que todo él culpa de Mana.

    Tras dous meses de detención, por fin Mana obtén o permiso de saída temporal. Decide entón fuxir coa súa muller. Despois dun longo periplo que lle fará pasar polos Emiratos Árabes Unidos, Turquía e China, chegará a Malasia para instalarse antes de ir a París en 2010.

    Estremecedora, "Una metamorfosis iraní" é unha inmersión a pulmón libre no sistema totalitario kafkiano posto en marcha polo réxime iraní.


  • Recén saído da editorial, chega "En el corazón de los fiordos", de Christine Kabus.

    Nordfjordeid, 2010. Tra-la morte da súa nai, Lisa, unha exitosa fotógrafa alemana, recibe un paquete de parte do notario da familia. O mesmo contén un antigo medallón, coa foto dunha parella en tempos de guerra, e unha carta da súa nai. Esta foto amarelenta levaráa a viaxar á tranquila vila de Nordfjordeid, en Noruega, e será a única pista para que Lisa poida rastrexar e descubrir quen foron realmente os seus devanceiros. Lisa penetrará na vida dos fiordos e descubrirá neles non só o verdadeiro amor senón tamén a verdadeira orixe da súa nai, o que lle permitirá esclarecer os segredos que levan décadas durmidos na historia da súa familia, as sombras daquel pasado que alcanzaron e chegaron a cubri-lo seu presente.

    Christine Kabus descúbrenos con esta conmovedora novela, publicada en castelán antes que na súa lingua orixinal, a historia dun territorio tan hipnótico e singular como o noruego; unha paisaxe exótica e romántica na que se enmarca un segredo familiar cos Segunda Guerra Mundial e o nazismo como telón de fondo.


  • Aquí vos deixamos unha nova aposta pola Banda Deseñada made in Spain. Trátase de "Sólo para gigantes", baseado na novela homónima de Gabi Martínez (guionista tamén do cómic) e debuxado por Tyto Alba.

    O 2 de Agosto de 2002, Jordi Magraner, zoólogo de orixe valenciá cuxa xuventude transcurriu na localidade francesa de Valence, amenceu degolado na súa casa do val de Bumburet (Pakistán). Jordi chegou ao Hindu Kush pakistaní quice anos atrás na procura de novas especies animais, aínda que o seu principal obxectivo na misión era o de atopar ao yeti.

    Jordi percorreu o norte de Pakistán e o nordeste de Afganistán no marco das súas investigacións científicas y mantivo unha loita constante coas autoridades e institucións francesas e pakistanís por conseguir cartos e permisos para as súas expedicións. Levou a cabo unha notable labor humanitaria en defensa dos kalash -un pobo pagano rodeado de musulmáns- e, ao mesmo tempo, comezou a resultar un personaxe incómodo, de forma crecente coa expansión da influencia talibán.

    Poucos anos despois do asasinato de Jordi Magraner, o escritor barcelonés Gabi Martínez faise eco da súa historia e viaxa ata Pakistán para falar cos protagonistas, mergullándose na investigación da morte de Jordi, aínda sen resolver máis de 10 anos despois do suceso. Do froito do seu traballo xurdiu a súa novela "Sólo paras gigantes", e agora, a súa adaptación en cómic coa arte do pintor, guionista e ilustrador Tyto Alba.


  • Presentamos hoxe unha novela que está dando moitísimo que falar. Trátase de "El guardián invisible", de Dolores Redondo, que xa é un fenómeno editorial coa súa vindeira publicación en dez linguas e a venda dos dereitos cinematográficos ao mesmo productor que apostou pola triloxía "Millennium", de Stieg Larsson. A obra convertiráse nunha triloxía, da que a autora xa está traballando na segunda entrega.

    "Ainhoa Elizasu foi a segunda vítima do basajaun, aínda que daquela a prensa non o chamaba así. Foi un pouco máis tarde cando trascendeu que arredor dos cadáveres aparecían pelos de animal, restos de pel e rastros dubidosamente humanos, unidos a unha especie de fúnebre cerimonia de purificación. Unha forza maligna, telúrica e ancestral parecía ter marcado os corpos daquelas case nenas coa roupa rasgada, as partes íntimas rasuradas e as mans dispostas en actitude virxinal".

    Nas marxes do río Batzán, no val de Navarra, aparece o corpo nú dunha adolescente nunhas circunstancias que o poñen en relación cun asasinato ocorrido nos arredores un mes atrás.

    A inspectora da sección de homicidios da Policía Foral, Amaia Salazar, será a encargada de dirixir unha investigación que a levará de volta a Elizondo, unha pequena vila de onde é orixinaria e da que tratou de fuxir toda a súa vida. Enfrontada coas cada vez máis complicadas derivacións do caso y coa súas propias pantasmas familiares, a investigación de Amaia é unha carreira contrarreloxo para dar cun asasino que pode amosar a faciana máis aterradora dunha realidade brutal ao tempo que convocar aos seres máis inquietante das lendas do Norte.

    Non o dubides e ven polo libro do ano!


  • O pasado sábado pola tarde, tivemos en Libraría Vagalume as primeiras partidas de xogos de mesa como os que temos na tenda. Xogamos unha partida a "El Símbolo Arcano" e outra ao xenial "Zombicide".

    Estade atentos á web e ao noso Facebook porque en breve organizaremos partidas abertas a todas aquelas persoas que se queiran apuntar. Ademáis, ofreceremos un desconto a tódolos participantes que queiran merca-lo xogo e faremos un sorteo para que o gañador poida levar o exemplar que abramos para a partida a un prezo máis que interesante!

































  • Tal e como anunciabamos, seguimos coas nosas semanas temáticas.

    A vindeira semana (28 de Xaneiro a 2 de Febreiro) será a Semana da novela histórica e da biografía en Libraría Vagalume.

    É por esta razón que faremos un 5% de desconto en toda unha serie de títulos que encaixen neses xéneros e que disporemos oportunamente.

    Teredes libros de escritores super-ventas, como poden ser Ken Follet ou Matilde Asensi.

    Aproveitade a oportunidade e vinde mercar eses títulos que hai tempo que tedes ganas de ler a un prezo menor.

    Ademáis, e como levamos facendo hai unha tempada, conseguiredes (todos os que non o teñades xa, claro) o noso bono-libro, no que apuntaremos tódolos títulos que merquedes da promoción e co que podedes obter descontos moi interesantes!


  • Entre os autores de Banda Deseñada europea destaca merecidamente o autor italiano Enrico Marini ("El Escorpión", "Gipsy", "Rapaces").

    Ata o momento, a súa última obra é a que nos ocupa, "Las águilas de Roma", que narra como dous irmáns de sangue aprenden o camiño da rectitude romana e descobren o destino que a deusa fortuna lles depara.

    No segundo volume, os dou irmáns unidos por un xuramento e por un pacto de sangue deberán enfrontarse a un mesmo destino. Ámbolos dous teñen un brillante futuro por diante, pero os deuses téñenlles preparadas moitas sorpresas...

    Na terceira entrega, os dous irmáns de sangue atópanse en Germania. Lugar de orixe de Arminio e da nai de Marco, esta rexión comeza a ser un problema para Roma. Para os irmáns, chegou o momento de tomar posicións e demostrar a súa lealtade ao Imperio e a si mesmos.

    Un romano nunca tema á morte, un romano non sabe o que é a derrota, un romano sempre se debe a Roma.


  • Recén chegado á libraría, ofrecémosvos hoxe "Un mar oscuro", a nova entrega da saga de William Monk, escrita pola archi-coñecida escritora inglesa Anne Perry.

    Será Monk quen de revelar a verdade oculta detrás dunha conspiración mortífera en torno ao comercio de opio?

    É o ano 1864. Na ribeira do Támesis Monk queda consternado ante a arrepiante mutilación dunha muller cuxo cadáver é atopado no peirao de Limehouse. Pero cando investiga o brutal asasinato e descobre a relación da vítima co doutor Lambourn, brillante científico falecido recentemente e firme defensor dunha nova lei de farmacia para regular a venta de opio, resulta evidente que non todo é o que parece.

    A viúva de Lambourn négase a crer o veredicto final segundo o que a morte do seu home foi un suicidio; está convencida de que foi asasinado despois de que a investigación que estaba levando a cabo fora desacreditada por funcionarios do goberno resoltos a non poñer trabas ao lucrativo comercio do opio.

    Mentres aumentan as presións sobre a Policía Fluvial para que descobra ao asasino de Limehouse, Monk emprende unha precipitada investigación que afondará nos aspectos máis turbios do comercio de opio, ameazando con poñer ao descuberto unha trama corrupta que salpica aos estratos máis altos da sociedade...

    Anne Perry chega, como sempre, disposta a atrapar aos lectores cunha nova trama de investigación criminal e asasinatos.





  • Na reseña de hoxe traémosvos un cómic peculiar e que chama poderosamente a atención: "El polvo de los antepasados", de Felix Pestemer.

    En México, o vixilante do museo Eusebio Martínez retorna á súa provincia natal para facer por fin as paces coa familia Rojas. Hoxe, día dos Mortos, os seus antigos inimigos regresarán do máis alá para volver atoparse cos vivos. Sen embargo, a noticia do tráxico falecemento do pequeno Benito Ríos espertará ás pantasmas do pasado, empuxando a Eusebio a fuxir novamente. A través dunha carta tentará consolar á nai do neno: os mortos seguen existindo e non se converten en pó ata que caen no esquecemento.

    Como homenaxe aos pintores miralistas mexicanos, son sobre todo as imaxes de "El polvo de los antepasados" as que narran a historia, evocando unha cultura na que a morte non é un tabú, senón un reflexo da cotidianeidade dun pobo que celebra a morte e que fai danzar aos esqueletos.


  • Traémosvos hoxe unha novela inédita da escritora Anne Holt que publica Roca Bolsillo: "Lo que esconden las nubes oscuras".

    Unha chuviosa tarde de venres en xullo de 2011 aparece morto na súa casa de Oslo Sander Mohr, o fillo de oito anos dunha familia acomodada da cidade. Os pais, inconsolables, falan coa sicóloga penal Inger Johanne Vik, que determina que a morte debeuse a un tráxico accidente doméstico. Tan só Henrik Holme, un xoven axente da policía que apenas hai seis semanas que se graduou, sospeita do pai. Sen experiencia, pero con gran forza de vontade e apoiándose no seu instinto, fai todo o posible por convencer a Vik para que o apoie na súa liña de investigación.

    "Lo que esconden las nubes oscuras" é o quinto e último volume da serie protagonizada por Inger Johanne Vik e Yngvar Stubo, que é un éxito internacional de crítica e ventas.

    Se gustaches dos anteriores títulos da serie escrita por Anne Holt, non dubides en vir por este último e así completar a túa colección.



  • Nesta nova entrada adicada á Banda Deseñada queremos destacar a excelente labor que está a levar a cabo a pequena editorial Demo, publicando toda unha serie de cómics made in Galicia, que tratan temas da nosa terra e feitos por autores de aquí, comandados por Manel Cráneo.

    Para máis información sobre a tarefa levada a cabo por esta editorial radicada na Coruña, podedes consulta-lo seu blogue http://demoeditorial.blogspot.com.es/ ou poñervos en contacto con eles na dirección demo.editorial@gmail.com.

    En Libraría Vagalume dende o principio quixemos ofrecer aos nosos clientes a oportunidade de mercar cómics na súa vila, e cando soupemos da existencia desta modesta editorial, de seguida nos puxemos en contacto con eles para apoiar a súa iniciativa converténdonos nun punto de venta do seu producto. Bravo por eles!

    Desta editorial, temos na tenda os seguintes títulos:

    - "Castelao. O pobre tolo", de Inacio (nado en Lalín) e Iván Suárez.
    - "Castelao. Titoán", de Inacio e Iván Suárez. Premio Castelao 2011.
    - "Punto de fuga", de Miguel Cuba.
    - "Sálpock. O val dos cegos", de Álvaro López e Luis Sendón.
    - "Cabanan de Balieiros", de Tokio.
    - "Sen mirar atrás", de Dani Montero (tamén disponible en castelán na mesma editorial: "Sin mirar atrás"). Premio Castelao 2009.
    -" Contos de mortos", de Manel Cráneo.
    - Pack "Os lobos de Moeche" + "A terra dos mouros", de Manel Cráneo.
    - "Mamed Casanova. El hijo de la ira", de Manolo López Poy e Miguel Fernández (a versión en galego, "O fillo da furia", está esgotado).

    Completa o seu catálogo "A man do diaño", de Brais Rodríguez. Premio Castelao 2010.





  • Adicamos nesta ocasión a nova entrada a un autor que pouco a pouco nos últimos tempos foi gañando unha lexión de fans. Trátase do escritor de Nova Jersey George R.R. Martin.

    Alá polo ano 1996, Martin publicou a primeira entrega do que sería a súa magna obra, "Canción de hielo y fuego". Esa novela non era outra que "Juego de tronos", á que seguirían catro continuacións (polo momento), convertíndose na chamada "novela río" máis importante de tódolos tempos. Paulatinamente, Martin foi sumando seguidores a moreas, converténdoo nun escritor "de culto" e xerando nos seus lectores o fervente desexo de que se publicaran máis e máis libros da saga.

    Entón, xa no mercado a carta entrega, "Festín de cuervos", a cadea de TV americana HBO decide adaptar o primeiro libro á pequena pantalla. Resultado: a serie do ano, conseguindo cotas de pantalla elevadísimas, e repetindo éxito alá onde se estrea. Nese momento, Martin pasa a converterse nun escritor de masas, pois a meirande parte dos que non coñecían a súa obra pero que viran a serie, de súpeto queren ler os libros.

    E claro, cando se publica a quinta parte, "Danza de dragones", de seguido sube aos primeiros postos nas listas de ventas.

    Dende Libraría Vagalume queremos rendir un homenaxe a este excelente escritor, que ten moito que dicir porque "Canción de hielo y fuego" aínda non rematou...

    De Martin temos na tenda: "Juego de tronos", "Choque de reyes", "Tormenta de espadas", "Festín de cuervos" e "Danza de Dragones" na súa edición en rústica (Ed. Gigamesh), "Juego de tronos" na nova edición de bolsillo nun só tomo (Ed. Gigamesh), "Tormenta de espadas" na edición de bolsillo tradicional en tres tomiños (Ed. Gigamesh), "Muerte de la luz" (Ed. Gigamesh), "Refugio del viento", coescrito con Lisa Tuttle (Ed. Gigamesh) e "Los viajes de Tuf" (Ediciones B).


  • Dende Libraría Vagalume tratamos sempre de romper unha lanza en favor desa forma de literatura tan digna coma calquera outra que é a Banda Deseñada. E precisamente por isto mesmo é que adicamos esta nova entrada a unha persoa que está a brillar con luz propia no máis que complicado mundo do cómic. Esta persoa non é outra que o guionista e debuxante ourensán David Rubín, actualmente de xira presentando o seu excelente cómic "El héroe. Libro dos", da editorial Astiberri.

    Rubín leva uns anos nesto, pero foi a raíz de se publicar "El héroe. Libro uno" que deu a badalada, sendo recoñecido a nivel nacional como un dos grandes ilustradores contemporáneos do noso país. Pero xa había vida antes de "El héroe", Rubín levaba xa un tempo facendo esforzos hercúleos (permitídeme o guiño) por facerse un oco na Banda Deseñada made in Spain. E vaia se o conseguiu!

    De Rubín temos na nosa tenda, aparte dos mencionados "El héroe. Libro uno" e "El héroe. Libro dos" (Ed. Astiberri), os seguintes títulos: "La tetería del oso malayo" (Ed. Astiberri), "El circo del desaliento" (Ed. Astiberri), "Onde ninguén pode chegar" (Lea Edicións), "Cuaderno de tormentas. Crónica de los deambulares por Ciudad Espanto" (Ed. Planeta DeAgostini) e unha adaptación da clásica obra de William Shakespeare "Romeo & Julieta", con guión de Ricardo Gomez (Ed. SM). Non o dubides e ven por eles!

    Ah! E estade atentos á nosa web e ao noso Facebook (no que tamén podedes seguir a Rubín), pois no vindeiro mes de Febreiro teremos a este xenial autor connosco na tenda asinando exemplares da súa obra.



  • Recén chegado á nosa tenda, temos un título que encaixa á perfección nesta semana adicada á novela negra, de intriga e de terror: "Apocalipsis", de Mario Giordano.

    Roma. Conmoción na Cidade Eterna. O Papa Juan Pablo III renunciou ao trono e desapareceu. Ninguén sabe sequera se aínda está vivo. Ao mesmo tempo, os seus colaboradores máis achegados morren asasinados. De forma brutal.

    Mentres comeza o cónclave para elixir á nova cabeza visible da Igrexa, o xornalista Peter Adam, corresponsal no Vaticano, busca ao Papa desaparecido. As pistas levan a unha misteriosa orden que actúa clandestinamente contra a Igrexa dende hai séculos. Os seus adeptos baséanse nunha profecía da época medieval: despois do actual pontífice, virá outro que adoptará o nome de Pedro II. Será o derradeiro Papa que ocupará o trono de Pedro.

    É inminente o apocalipse? E se é así, que significará? O cumprimento dun vello soño da humanidade ou a fin do mundo?

    Peter Adam descobre que o seu propio pasado está ligado aos sinistros poderes máis estreitamente do que quixera; para os conspiradores, el é a clave do Apocalipse...

    Unha novela que te atrapará e que non serás quen de deixar ata rematala.


  • Recén saído da editorial Dolmen, acaba de chegar á nosa libraría o cómic "El misterio del Capitán Nemo", de Gabella, Kenny e Maz!

    En plena guerra de Secesión, cinco soldados ianquis escapan nun globo fuxindo das tropas sudistas. 

    Sorprendidos por unha terrible tempestade, o globo vai á deriva varios días, antes de aterrizar  nunha illa deserta. Alí atoparán refuxio nunha gruta misteriosa que agocha unha incrible instalación científica. Pronto comezarán a  producirse fenómenos inexplicables, forzas misteriosas parecen opoñerse a tódolos seus esforzos por escapar da illa.

    Tódolos indicios conduciránlles hacia unha sombra surxida do pasado, unha figura mítica que percorreu tódolos océanos do globo, que explorou tódalas súas insospeitadas profundidades.

    Unha lenda que aterroriza á meirande potencia naval do século XIX: o Imperio Británico.

    Esta que van descubrir é a súa historia.

    Inspirado polas magníficas novelas de Xulio Verne, chega un exemplar da mellor Banda Deseñada que non debería faltar en ningunha biblioteca.



  • Traémosvos hoxe un destacada novidade no xénero de terror. Trátase de "La fortaleza", de F. Paul Wilson.

    "Solicito traslado inmediato. Algo está asasinando aos meus homes".

    Esta é a mensaxe que o capitán Woermann, á fronte dunha pequena garnición da Wehrmacht, transmite ao alto mando alemán dende  o paso de Dinu, en Romanía, onde foi enviado para ocupar unha antiga fortaleza. Unha escuridade viva tomou o control do lugar, e os triunfantes soldados do Terceiro Reich están a caer un a un.

    Como atraídas polos malignos efluvios da remota fortaleza, tres persoas encamiñan os seus pasos hacia ela: o maior Kaempffer das SS, á fronte dun destacamento de Einsatzkommandos e decidido a derrubar a toda costa calquiera obstáculo para a súa prometedora carreira nos campos de exterminio; o erudito xudeu Theodor Cuza, que irónicamente quizais sexa o único cos coñecementos necesarios para salvar o que queda dos ocupantes nazis da destrucción; e un misterioso home rubio, anónimo e sen amigos, que tras percibir a alteración producida na fortaleza acode á súa chamada para continuar un enfrontamento máis vello que a propia humanidade.

    Un título que brillará con luz propia na nosa Semana da novela negra, de intriga e de terror!


  • Como se acostuma a dicir, para gustos, cores. É por iso que en Libraría Vagalume tratamos de ter un pouco de todo, de ahí que agora os traiamos un cómic dun personaxe mítico e do máis comercial: Batman, o Home Morcego. Trátase de "Batman. Arquitectura mortal", de Chip Kidd e Dave Taylor.

    Nos inicios da súa carreira como xusticeiro, Bruce Wayne aspira tamén a perpetuar o valioso legado arquitectónico da súa familia en Gotham. Cando unha grúa cae sobre a Estación Central, e case sobre el mesmo, Batman da comezo a unha investigación para esclarecer quen anda detrás de numerosas ameazas similares. O desfile de sospeitosos será incesante... E entre eles figurará unha experta en urbanismo, Cyndia Syl, ademáis do Joker e o vilán chamado Exacto. Todos veránse as caras nalgúns dos máis emblemáticos edificios da cidade... antes de que caian con case total certeza.

    "Batman. Arquitectura mortal" é unha trepidante historia escrita polo veterano e galardonado deseñador Chip Kidd, de ampla carreira en DC Comics, e ilustrada na súa totalidade por Dave Taylor, que plasma nas súas páxinas un dos máis certeiros e visualmente impactantes homenaxes que se recordan aos primeiros tempos do Cabaleiro Escuro. O resultado posee unha atmósfera que evoca directamente a Idade de Ouro de cómic norteamericano, a época que viu nacer ao lexendario personaxe creado por Bob Kane, e á vez un estilo narrativo do agrado de calquera lector actual.


  • A vindeira semana (14 a 19 de Xaneiro) será a Semana da novela negra, de intriga e de terror en Libraría Vagalume.

    Con semellante motivo, faremos un 5% de desconto en toda unha serie de títulos que indicaremos a tal efecto.

    Non deixes pasar esta oportunidade e ven á nosa tenda a mercar eses títulos que levan tempo no teu punto de mira e lévaos a un prezo menor.

    Ademáis, levaredes como obsequio os dous marcapáxinas que resultaron gañadores no I Concurso de Debuxo que organizamos cos nenos de Lalín a finais do pasado ano 2012.

    Estade tamén atentos á nosa páxina web e ao noso Facebook porque imos poñer en marcha unha chea de semanas temáticas, das que esta é a primeira,  na que ofreceremos interesantes descontos.