• Despois de ser traducido a mil e un idiomas e vender libros a esgalla en medio mundo, por fin temos na lingua de Castelao "Apocalipse Z. O principio da fin", do escritor pontevedrés Manel Loureiro, editado por Urco e traducido ao galego por Tomás González Ahola.

    Que acontecería se un día ao te ergueres descubrises que a civilización está a se caer en pedazos?

    Iso é o que lle sucede ao protagonista de "Apocalipse Z. O principio da fin", un avogado que leva unha vida tranquila e rutineira en Pontevedra, até que un escuro incidente nun afastado país do Cáucaso provoca unha epidemia de proporcións devastadoras que ameaza con aniquilar toda a humanidade da face da terra. A medida que a enfermidade se achega devorando país tras país, o caos comeza a estar presente tamén na Galiza.

    Urco Editora presenta para o público galego a tradución desta novela de terror zombi, éxito de vendas mundial, que se completará coa publicación das seguintes partes: "Apocalipse Z. Os días escuros" e "Apocalipse Z. A ira dos xustos".



  • Despois dalgúns problemas coa distribución, por fin temos connosco, gracias aos amigos de Urco Editora, o libro "José Silvent Martínez, o mítico Barriga Verde", de Xaime Iglesias González.

    José Silvent Martínez non naceu en Galiza, pero respirou aires galegos desde novo. Acadou unha popularidade sen precedentes cun espectáculo ambulante, que percorreu festas e romarías, no que os monicreques, sinaladamente o heroe Barriga Verde, eran o elemento máis atractivo.

    A presente publicación, elaborada con agarimo e rigor, trata de dar a coñecer a vida, arte e realizacións deste titiriteiro, sen dúbida, o máis popular da nosa terra durante o século pasado, quen, polas súas excepcionais calidades persoais e artísticas, converteuse no mítico Barriga Verde para o público, que o aplaudía afervoadamente, así como para boa parte dos bonequeiros galegos.

    Con linguaxe coloquial e estilo sinxelo, o autor sitúao nos contextos social e histórico e destaca a relevancia que tivo o seu espectáculo de monicreques para a nosa lingua e para a nosa cultura, pois os bonecos falaban galego, nun tempo en que estaba desprezado e mesmo perseguido.

    Estade atentos á nosa web e ao Facebook, por que próximamente teremos connosco a Xaime Iglesias González presentando a súa obra no nosa libraría!
  • Aquí vos deixamos as fotos dos flamantes gañadores do nosos concurso de debuxo (Matías, Enzo e Claudia) e da cesta de Nadal que sorteábamos (Belén e a súa filla).

    Noraboa a tod@s!





















  • Traémosvos hoxe un título publicado en setembro deste ano. Trátase de "Papel estrujado", de Nadar (pseudónimo de Pep Domingo), editado por Astiberri.

    Javi ten 16 anos, deixou o instituto e converteuse nunha sorte de sicario ben remunerado ao que lle piden todo tipo de traballos os mesmos estudantes: vinganzas, recuperar obxectos roubados, romper algún nariz... Pero un día, durante o transcurso dunha festa, fanlle un encargo diferente. E a cousa sae mal...

    "Papel estrujado é unha das novelas gráficas de debut máis impresionantes que lin nos últimos anos. Nadar é moi ambicioso e ten o talento para selo", Santiago García, autor de "Beowulf" xunto a David Rubín.

    "Velaquí un universo gris cheo de minúsculos personaxes. Facianas que envexecen, miradas que se cruzan, palabras que non chegan a pronunciarse. Sobre un escenario de formigón e aceiro, miserable e mal iluminado, asistimos á representación: o teatro da vida e da morte, a vella representación dos histrións clásicos, onde cada home e cada muller portan unha máscara que, tarde ou cedo, ha de desprenderse", Alfonso Zapico, autor de "Dublinés", Pemio Nacional del Cómic 2012.




  • Nunha anterior entrada da web (aquí), falabámosvos de "Los colores olvidados", unha iniciativa de Play Attitude financiada por medio dun crowdfunding. Pois ben, esta preciosa colección non só acadou o seu obxectivo, senón que o superou de sobra, polo que as persoas responsables decidiron mellorar a calidade do papel empregado nos libros e crear un xogo de mesa (na foto).

    Hoxe chegounos a nosa recompensa por participar no crowdfunding: o libro ilustrado "Serafín, el pájaro que buscaba su melodía", dúas láminas cos bocetos orixinais e o mencionado xogo de mesa.

    Moi pronto teremos na nosa libraría tódolos títulos desta xenial colección. Estade atentos!



  • A entrada de hoxe recolle un título publicado pola editorial Siruela: "Quedan los huesos", de Jesmyn Ward.

    É temporada de furacáns no Golfo de México. Unha gran tormenta aproxímase perigosamente á vila costeira de Bois Sauvage, Misisipi. Esch e os seus tres irmáns malviven nunha casa á que chaman Burato, no bosque entre coches abandonados e galiñas, e teñen outras preocupacións que prepararse para a chegada do primeiro furacán.

    Skeetah loita por conseguir, con pequenos furtos, que os cachorros da súa premiada pitbull, China, sobrevivan para vendelos e levar cartos a casa. Randall non para de entrenar para o seu vindeiro partido de baloncesto, se o fai ben acadará unha beca deportiva. Junior, o máis pequeno, tan só quere que alguén lle preste atención. Esch, de quince anos e a cargo da casa dende que a súa nai morreu no parto de Junior, acaba de descubrir que está embarazada. A quen contarllo? O único adulto do fogar, o seu pai, refuxiouse na bebida.

    A medida que os doce días nos que transcorre a novela van avanzando nunha dramática conta atrás hacia a súa conclusión fatal, que non é outra que a chegada do furacán Katrina, esta familia de nenos sen nai saca forzas de onde non as hai para afrontar un día máis.

    Tenra, humana e ateigada de crueza e esperanza, Jesmyn Ward regálanos esta magnífica novela premiada co National Book Award 2011.



  • Traemos hoxe un título de aleta, "Xenozoic", de Mark Schultz.

    "Que estraño novo mundo, que alberga a tales criaturas!"

    Obrigados a agocharse por mor dun cataclismo ecolóxico global, medio milleiro de anos despois os humanos emerxen dos seus tobos subterráneos e descubren que a Terra foi totalmente transformada. A flora e a fauna que lle eran familiares desapareceron, substituídas por unha orde natural radicalmente alterada, poboada por sanguinarios dinosauros e por seres novos e estraños. Precísase de redanos, fusca determinación, enxeño e moita, moita sorte da de sempre, soamente para sobrevivir neste mundo salvaxe... e non digamos para prosperar. E esas son unhas calidades que posúen en abundancia o excelente mecánico Jack Tenrec, a encantadora científica Hannah Dundee e os seus amigos.

    Pero aínda os máis válidos desas almas fortes vense en dificultades para supera-los obstáculos que lles presenta o seu novo fogar. E cando eses retos son complicados aínda máis polas accións egoístas e traizoneras dos sanguinarios preeiros humanos cos que se atopan, mesmo os mellor dotados e máis bravos de entre eles poden fracasar.

    "Xenozoic" combina un arte rico e exhuberante, á tinta e pincel, cunha narrativa que se alimenta das novelas populares de antano para crear unha fantasía chea de acción... unha aventura sen pausas que tamén serve coma unha fábula de advertencia sobre as imprevisibles consecuencias que, para as futuras xeracións, poden ter as miopes decisións de hoxe en día.



  • O título que vos traemso hoxe é "O corazón da Branca de Neve", co que o escritor Francisco Castro gañou o Premio de Novela por Entregas 2013 de La Voz de Galicia e que vénd e editar Galaxia.

    "O corazón da Branca de Neve" é unha novela policial e de suspense que xira arredor das pescudas do inspector Hermida para atopar unha bebé roubada a unha rapaza inmigrante. Mais é tamén unha novela arredor das bandas criminais que fan negocio cos seres humanos. Polo medio, intriga e tensión narrativa para unha historia que pode estar acontecendo agora mesmo en calquera das nosas cidades. Un reto para un inspector canso e sagaz, ante o caso máis difícil da súa carreira de investigador.

    Un agasallo perfecto para este Nadal!




  • Traémosvos hoxe dous títulos da editorial Astiberri recén saídos da imprenta. Trátase de "Beowulf", escrito por Santiago García e debuxado polo xenial David Rubín, e de "Los surcos del azar", do mestre Paco Roca.


    "Así pois, naqueles días de antano os daneses e os seus reis foron valentes e nobres. Ata nós chegou o eco das heroicas campañas daqueles príncipes".

    Pero un monstro chegou ao reino dos daneses.

    Durante doce anos, devora a mulleres e homes.

    Ata que dende a beira do mar chega un heroe para salvalos: Beowulf.

    Os homes contaron a súa historia durante séculos. "Beowulf" é o poema co que nace a literatura inglesa. Durante máis de mil anos inspirou a xeracións de autores, dende J.R.R. Tolkien ata os guionistas de Hollywood. Agora, Santiago García e David Rubín traen o poema heroico ao século XXI con "Beowulf", a novela gráfica.

    Por certo, estade atentos á web e ao noso Facebook porque en Xaneiro teremos de novo a Rubín connosco!


    "A novela gráfica "Los surcos del azar" va máis alá de estar formidablemente debuxado e dotado dunha capacidade narrativa abraiante. Paco Roca o transcendeu. Escribiu un libro necesario, e non só polo que ten de recuperación da nosa memoria histórica. Iso tamén o transcendeu. É necesario porque nos ofrece algo no que crer; ofrécenos a nosa parte da historia que nos arrebataron, que perdemos preocupándonos dun día a día alienante. O seu libro devólvenos a nós mesmos. Dinos que somos iso, que somos así. Que non todo é vergoñento nas nosas vidas. E que porque eles o intentaron ata o final xa non temos dereito a deixar de intentalo. Creo -vamos, así o sinto- que cando botaron a aquela xente de España botáronnos a todos os que iamos a descender deles. E por iso vivimos todos nun país, nun mundo que non nos gusta. Moitas grazas, Paco, por devolverme ao país ao que pertenzo", Javier Pérez Andújar, escritor.







    Dous títulos imprescindibles, coma sempre, en Libraría Vagalume.




  • Traémosvos hoxe unha novela que foi financiada por medio dun crowfunding: "La Frati Nigra", de Lem Ryan, que xa temos nas nosas mans.

    Que é a Frati Nigra? Que pretenden, e por que buscan un libro que non existe? Quen é Hermes, o asasino que aterroriza Londres, e que relación ten con Lewis Miller, un escritor especializado en tema parapsicolóxicos? E todos eles, que teñen que ver con Nicholas Farmer, un vello anticuario que garda un terrible segredo que pode acabar co mundo?

    Lewis Miller é un escritor fracasado que sobrevive en Londres escribindo artigos sobre temas nos que non cre para revistas parapsicolóxicas. Sen embargo, no día no que, investigando sobre un deses asuntos, se converte no principal sospeitoso dunha serie de asasinatos,  comprende que se meteu en algo moi real.

    Perseguido pola policía e polo verdadeiro asasino, emprenderá a busca dun libro mítico que ata entón consideraba irreal, un libro escrito por criaturas sobrenaturais que pode desatar tódalas forzas da escuridade: un libro que tivo moitos nomes, pero que polo que é máis coñecido é polo de Necronomicón. Axudado por unha muller que asegura levar séculos tras ese grimorio e baixo a perpetua ameaza dunha secta milenaria que ansía a súa posesión, as súas pescudas lle levarán por un sendeiro enchido de cadáveres e de horrores que lle conducirán ao borde da loucura. De Londres a Damasco, e de alí a unhas ruinas xunto a unha montaña onde algo arrepiante agarda ser liberado.

    En Libraría Vagalume, sempre procuramos apoiar inciativas coma esta, aportando o noso pequeno gran de area e participando no crowfunding. A que estás agardando? Está atento e colabora para que un feixe de novos libros poidan ver a luz!



  • Aquí vos deixamos algunhas ideas para facer regaliños este Nadal, que nunca está de máis unha pequena axuda.





































  • A editorial Algaida vén de publicar unha novela de piratas do máis interesante, escrita polo autor ourensán Edmundo Díaz Conde.

    Houbo un tempo en que corsarios británicos, bucaneiros franceses e filibusteiros holandeses eran os amos do Caribe. Pero pouco se contou de piratas españois como Íñigo Santa Cruz, forzado a converterse en cabaleiro de fortuna por unha patria que desampara aos seus propios fillos e os obriga a vagar polo mundo.

    Naquela mesma época tamén había tesouros fantásticos coma o da Dama do mar, polo que Henry Morgan organizará a maior frota de filibusteiros xamais coñecida, cidades coma Panamá, que se din inexpugnables e acenden a cobiza dos homes, e mulleres coma Elena, capaces de provocar a paixón e a tenrura do corsario más insensible.

    "El príncipe de los piratas" é a historia de Íñigo Santa Cruz -chamado Lefthand polos ingleses-, tan falsa coma tódalas lendas e tan certa coma calquera historia de piratas.



  • Presentámosvos hoxe unha novidade na nosa libraría: Edicións Positivas, editorial da que, dende onte, dispoñemos dun amplio fondo na nosa libraría.

    Todas as obras publicadas por esta editorial están en galego, destacando tanto os títulos escritos orixinalmente na nosa lingua, como as "Obras completas de Roberto Vidal Bolaño I e II" (próximamente o terceiro volume), "Conversa ultramarina", de Lois Pereiro ou "Abelcebú", do lalinense Carlos Negro, como as traduccións de obras clásicas da literatura estranxeira, como "O mundo perdido", do gran Arthur Conan Doyle ou "Diario de Eva" e "Retallos do diario de Adán", de Mark Twain.

    A que estades agardando? Achegádevos á nosa tenda a botarlle unha ollada ao noso fondo de Edicións Positivas!

    Deixámosvos enlace á súa web: http://www.edicionspositivas.com/web/



  • Froito da colaboración entre Manuel Gago (texto) e Manel Cráneo (ilustracións), Xerais publica "Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia".

    Aquí, onde hoxe estás, hai máis de dous mil anos o aire venteaba cheo de historias. Á noite, ao redor do lume, as palabras dos homes daban vida a deuses milenarios que amaron, loitaron, sangraron, percorreron ás carreiras a terra toda que te rodea. O vento e a chuvia esborrallaron a súa memoria ata que deles non quedaron máis que palabras secas, baleiras e esquecidas. Ata hoxe.

    Non perdas unha obra única que te achega ás historias contadas polos nosos antepasados!








  • Deixámosvos as fotos do contacontos de "Una bruja está borrando la ciudad" que o pasado venres a súa autora, Raquel Míguez, fixo en O Circo do Mundo.

    Moitas gracias, Raquel, por vires a Lalín a facer pasar un rato agradable aos pequenos da casa.

    Esperamos terte connosco de novo moi pronto!