• Silhouette, de Jesús Alonso Iglesias e Víctor Santos

    Dende Libraría Vagalume traémosvos un novo título da banda deseñada feita no noso país. Trátase de "Silhouette", de Jesús Alonso Iglesias e Víctor Santos, ao que sigue "Silhouette. Arcángeles oscuros".

    "Silhouette". Maio de 1942. No París ocupado da Segunda Guerra Mundial álzase entre a Resistencia a figura de Silhouette, un xusticeiro enmascarado que se adica a ser o azote dos nazis. Neste entorno, chegará á capital francesa un alto oficial das SS cunha misteriosa misión relacionada co ocultismo, en busca da arma definitiva que decante a guerra hacia o bando alemán.

    "Silhouette. Arcángeles oscuros". O inverno chega a París ocupado polo exército alemán e a loita do vixilante solitario coñecido como Silhouette continúa sen descanso. A intervención de novos xusticeiros enmascarados e a tensión coa Resistencia complica a súa actuación, pero a aparición dun inimigo ao que incluso os nazis temen pode mudar xa non só a súa propia cruzada, senón o mesmo curso da guerra.

    Jesús Alonso Iglesias e Víctor Santos logran, co cómic que nos traemos entre mans, un claro exemplo de que non só fóra das nosas fronteiras se fan boas historias acompañadas de bos debuxos. "Silhouette" é unha obra do máis recomendable para todos aqueles que gustan de pasar un rato entretido.

    Próximamente, "Silhouette. El ejército de las sombras".

    0 comentarios → Silhouette, de Jesús Alonso Iglesias e Víctor Santos

    Publicar un comentario