• Mo Yan, Nobel de Literatura 2012

    En Libraría Vagalume queremos facer unha modesta pero sincera homenaxe ó escritor chinés Mo Yan, recentememente nomeado Premio Nobel de Literatura 2012.

    Deste autor, a editorial Kailas acaba de reeditar algunhas das súas mellores novelas, como poden ser "Shifu, harías cualquier cosa por divertirte", "La República del vino" e "Grandes pechos amplias caderas", tres títulos que temos disponibles na nosa tenda.

     "Shifu, harías cualquier cosa por divertirte". O humor, a sátira e o realismo máxico fúndense na obra máis evocadora de Mo Yan. Os oito relatos cortos que compoñen esta novela agochan personaxes enigmáticos que trasladan ao lector aos rincóns máis recónditos e suxestivos da China rural. Bestas, curas milagreiras, xardíns esquecidos e tímidos amantes sumérxense nun mundo semi-máxico no que sen embargo subxacen gravez problemas sociais.

    "La República del vino". Unha viaxe hipnótica a unha provincia chinesa na que quizais practiquen o canibalismo. O alcohol e a literatura fúndense nesta trepidante novela e dan paso a varios relatos con personaxes extraordinarios. Un pequeno demo, un anano enigmático ou unha meiga travesa enfeitízannos e transpórtannos a mundos fantasmagóricos.

    "Grandes pechos amplias caderas". Quizais o máis valente escritor chinés contemporáneo plasma a través dunha épica saga familiar, a historia do seu país durante o século XX, desde a Rebelión dos Bóxers de 1900 aos anos de Mao, reinterpretando coa súa asombrosa destreza literaria a caída da dinastía Qing, a invasión xaponesa, a Guerra Civil e a Revolución Cultural.

    Se non sabes que regalar neste Nadal, Mo Yan é unha aposta segura! 



     


     

    0 comentarios → Mo Yan, Nobel de Literatura 2012

    Publicar un comentario