• Los Guardianes, de William Joyce

    Coincidindo coa estrea nos cines de toda España da cinta de Dreamworks Animation "El origen de los Guardianes", a editorial Combel publica os libros orixinais nos que se basea o filme dirixido por Peter Ramsey.

    Contan que William Joyce, autor e ilustrador destas magníficas novelas, creou, xunto coa compañía Reel FX, unha subdivisión desta chamada Aimesworth Amusements coa fin de facer toda unha serie de películas de animación creadas por ordenador, idea que descartou polo elevado custe de semellante tarefa, amén da competitividade existente no mundo da animación por ordenador. De ahí que a historia quedase convertida nunha serie de libros que se veñen publicando desde o pasado ano (apuntar que a película, por expreso desexo de Joyce non segue os feitos narrados neles, ambientándose 200 anos máis tarde), dos que agora nos chegan en castelán os seguintes títulos:

    "El Hombre de la Luna". Alí, no ceo. Non o ves? Non, non ál Lúa. O Home da Lúa. Non sempre foi un home. Nin sempre estivo na Lúa. Hai moitos anos foi pequeno. Coma vós. Ata que unha batalla, una estrela fugaz e un globo perdido o empuxaron a unha aventura. Preséntovos ó primeiro Guardián da Infancia, HL, o Home da Lúa.

    "Nicolás San Norte y la batalla contra el Rey de las Pesadillas", coescrito con Laura Geringer (Libro Primero). Antes de ser Papá Noel, San Nicolás foi Norte. Nicolás San Norte, rufián, temerario espadachín e célebre foraxido. Famoso pola súa destreza no manexo de toda clase de armas, dedicábase a buscar e obter tesouros e riquezas a calquera prezo. Non podía decirse que tivera madeira de heroe. Pero os heroes non nacen... fórxanse. Cando os auténticos viláns aparecen en escea, adoptando as sinistras formas de Sombra e os seus aterradores temores, Norte descubre outra  maneira de poñer en práctica as súas afamadas habilidades marciais. Nesta primeira entrega da serie de aventuras dos Gardiáns coñecerás ó lexendario San Nicolás. Oíches falar moito del, pero en realidade aínda non sabes quen é...

    "Conejo de Pascua y su ejército en el centro de la Tierra" (Libro Segundo). De inofensivo nada, Coello de Pascua é todo un guerreiro. Sombra, o Rei dos Pesadelos, e o seu exército de temores foron derrotados no primeiro episodio das aventuras dos Gardiáns. Parece que agora o malvado inimigo dos nenos está a tramar unha terrible vinganza, e os Gardiáns sospeitan que se agochou baixo terra. Pero, se é así, como o van atopar? Aquí entra en escea Coello de Pascua, Bunny para os amigos, o único emisario da lexendaria irmandade de coellos guerreiros de tamaño e intelecto impoñentes. Bunny domina as artes marciais e é brillante, sagaz e un excavador de túneless extraordinario. Conta tamén coa axuda duns soldados moi especiais. Conseguirán os Gardiáns dar con Sombra e desbaratar os seus crueis plans de vinganza?

    Se buscas literatura de calidade para os máis pequenos da casa ou buscas pasar un rato do máis agradable volvendo á infancia, estes son, sen dúbida algunha, os libros idóneos.

    0 comentarios → Los Guardianes, de William Joyce

    Publicar un comentario