• Las seis piedras sagradas, de Matthew Reilly

    Nesta ocasión, en Libraría Vagalume traémosvos un libro dun escritor pouco coñecido para o gran público pero que nas súas novelas plantexa historias máis que interesante. Trátase de Matthew Reilly e o libro é "Las seis piedras sagradas".

    Despois de cumprir unha misión de dez anos e conseguir o piramidión de ouro que coroa a Gran Pirámide de Gizeh, Jack West retírase a un afastado lugar de Australia para criar e educar á súa filla adoptiva, Lily.

    Mentres tanto, en China, o arqueólogo Max Epper, amigo de West, descubre un grabado que representa dez planetas xirando arredor do Sol e un estraño punto negro situado fóra das súas órbitas. Investigando, descubre que a burato negro ten unha potencia idéntica á do astro rei, e q ameaza con absorber o sistema solar dentro dun ano. O único modo de salvar á humanidade é creando o que chaman "A Máquina". Para elo, hai que localizar e situar en seis puntos da Terra os seis pilares, ou pedras sagradas, que deberán soster seis enormes diamantes. Hai que activar cada pilar nunha data determinada segundo a posición dos planetas no grabado, e para o primeiro só falta unha semana. O único capaz de localizar os pilares e deter o burato negro é Jack West. Comezou a carreira.

    Trátase dun autor moi a ter en conta nun futuro, do que lamentablemente aquí en España se publican novelas con bastante retraso con respecto á súa estrea nos EE.UU. Pero polo menos no noso país podemos disfrutar, aparte deste que nos ocupa, de "Antártida: Estación polar", "Área 7", "La lista de los doce" e "El templo" (todos en Libraría Vagalume). Ven por eles e benefíciate do nosa promoción bono-libro!


    0 comentarios → Las seis piedras sagradas, de Matthew Reilly

    Publicar un comentario