• Las puertas de la eternidad, de Richard Dübell

    Richard Dübell, aclamado autor de "La Biblia del diablo", sorpréndenos agora cunha novela comparada con "Los pilares de la Tierra" que entrou nas listaxes dos máis vendidos de Alemania, cautivando a lexións de lectores, e foi unánimemente avalada pola crítica especializada. Por fin Dübell "chega á cima da súa arte" (Kölner Stadt-Anzeiger) cunha "obra titánica e maxistralmente narrada" (Histo-Couch.de) que se converteu nunha "das mellores novelas históricas dos últimos anos" (WAZ).

    Alemania, ano 1250. Federico II morreu e o reino está conmocionado. Só unha persoa coñece o derradeiro segredo do emperador: Roger de Bezers, un cátaro que sigue a pista do segredo destinado a cambia-la súa vida para sempre.

    Ao mesmo tempo, Elsbeth, unha monxa cisterciense, emprende a construcción dun novo convento en medio do solitario bosque de Steigerwald coa esperanza de evitar que Hedwig, a súa protexida, caia en mans da Inquisición. Cando os habitantes da vila veciña e os ricos monxes do val próximo se opoñen aos seus plans, Elsbeth recorre á axuda de tres descoñecidos, sen sospeitar o verdadeiro motivo que levou a Rogers e os seus compañeiros ata ela. Tal vez xuntos logren abri-las portas da eternidade...

    Se es fan da novela histórica na liña dos últimos títulos do aclamado escritor Ken Follet, este é o teu libro.

     

    0 comentarios → Las puertas de la eternidad, de Richard Dübell

    Publicar un comentario