• La Cruz del Salvador, de Juan Manuel Valcárcel

    O xenial pintor Juan Manuel Valcárcel, nado en Tui e residente no concello de Boborás, emprende a súa primerira aventura como escritor, cunha excelente novela que, unha vez a comeces, non poderás deixar: "La Cruz del Salvador", publicada pola recentemente creada editorial Guiverny.

    Corre o convulso século XVI. A ourensana comarca do Orcellón vive un momento de gran actividade polo frenético levantamento de igrexas e cenobios dentro da súa área de influencia. Asistimos así á reconstrucción, gracias á pericia dos famosos canteiros galegos e de mestres imaxineiros vidos de Francia, dun dos maiores mosteiros galegos: o templo cisterciense de Oseira.

    Nos episodios desta novela iránse alternando distintos períodos históricos que teñen o seu pivote no ano 1985, no cal dous personaxes, un home e unha muller, investigan a misteriosa desaparición dunha valiosa reliquia á que antigamente se lle atribuían poderes curativos e que era popularmente coñecida polo nome de a Cruz do Salvador.

    Juan Manuel Valcárcel non só sae airoso no seu debut no mundo literario, senón que consigue unha novela do máis recomendable que, pouco a pouco, se está abrir camiño nun máis que complicado mundo editorial. Non o perdas!


    0 comentarios → La Cruz del Salvador, de Juan Manuel Valcárcel

    Publicar un comentario