• La caja negra, de Michael Connelly

    Rematamos este ano 2012 comentando un título de novela negra do máis interesante. Trátase de "La caja negra", de Michael Connelly.

    Que relación pode gardar un asasinato acontecido dúas décadas atrás cunha serie de mortes sucedidas tempo despois sen explicación aparente? O inspector Harry Bosch débese de plantexar dita pregunta cando a investigación dun antigo homicidio lle leva á peor época que lembra na súa longa traxectoria profesional: as revoltas raciais que arrasaron Los Ángeles en 1992.

    A medida que avance na investigación do vello caso nunca resolto, Bosch deberá de tornar a aqueles turbulentos días nos que a cidade pareceu volverse tola e nos que unha xove fotógrafa morreu baixo estrañas circunstancias. E é posible que a resolución do asasinato cometido en 1992 tamén ofreza resposta a outros crimes sen aclarar.

    "La caja negra" (Serie Harry Bosch, 18) é o novo éxito do superventas Michael Connelly, un fenómeno literario que arrasa en todo o mundo. Pola súa arrepiante acción, a maxistral cosntrucción dos personaxes e o seu endemoñado ritmo narrativo, esta xoia da literatura policiaca contemporánea foi galardonada co prestixioso VI Premio RBA de Novela Negra.


    0 comentarios → La caja negra, de Michael Connelly

    Publicar un comentario