• AIDP, de Mike Mignola

    A Axencia de Investigación e Defensa do Paranormal (AIDP) naceu nas páxinas da máis aclamada creación do xenial Mike Mignola, "Hellboy". Era o organismo do goberno encargado de investigar todas aquelas cuestións que, polo seu carácter paranormal, non podían ser deixadas en mans doutras axencias máis convencionais. Nela Hellboy coñeceu a toda unha serie de carismáticos personaxes, algúns deles presentes neste spin-off (como lle chaman os americanos a series que nacen doutras centrándose en personaxes secundarios na orixinal). Os personaxes protagonistas de "AIDP" son:

    - Abe Sapien. Un home anfibio descuberto nunha primitiva cámara de estasis nun esquecido soto dun hospital de Washington, D.C. Abe serviu como axente de campo na AIDP dende pouco despois de ser revivido.

    - Roger. Un homúnculo feito de herbas e sangue humano. Descuberto en Rumanía, Roger cobrou vida ao ser tocado pollo poder piroquinético de Liz. Que realmente estea ou non vivo é unha cuestión a debatir, pero o seu amor pola vida non.

    - Liz Sherman. Piroquinética dende a idade de 11 anos, cando accidentalemente quemou á súa familia matándoos a todos. Foi tutelada porla AIDP dende entón, aprendendo a controlar as súas habilidades piroquinéticas e a vivir con trauma que esas habilidades lle trouxeron.

    - Johann Krauss. Un médium cuxa forma física quedou destruída mentres a súa proxección ectoplásmica estaba fóra do corpo. Johann é un émpata físico que pode crear formas temporais para que os mortos falen cos vivos.

    - Dra. Kate Corrigan. Foi profesora na Universidade de Nova York e é toda unha autoridade en folklore e historia oculta. Foi consultora da AIDP durante máis de dez anos, ata que Hellboy a reclutou para facer traballo de campo.

    Norma Editorial presenta agora esta excelente obra nuns extraordinarios tomos recopilatorios do que se acaba de publicar o número 1 a un prezo irrepetible.


    0 comentarios → AIDP, de Mike Mignola

    Publicar un comentario