• AFVZ, de David Hine e Roy Allan Martínez

    Está claro que os zombis, ou mortos vivintes, están de moda. O cómic "Los muertos vivvientes" marcou un antes e un despois na Banda Deseñada, e a súa adaptación á pequena pantalla, "The walking dead", arrasa alá onde se estrea. Desde Libraría Vagalume queremos facer a nosa aportación a semellante fenómeno achegándovos un título non demasiado coñecido, pero cheo de virtudes: "AFVZ. Agencia Federal de Vampiros y Zombis".

    Os vampiros e os zombis son reais. De feito, os non-mortos estiveron entre nós desde a mesma creación dos Estados Unidos. Estes pesadelos vivintes non son o que aparece nas lendas idealizadas, senón o resultado de virus e pragas que ameazan a toda a humanidade. Por iso se creou a AFVZ (Axencia Federal para Vampiros e Zombis): para erradicar estas criaturas da faz da terra. E a finais do século XX semellaba telo logrado... ata agora. Obrigado a volver do seu retiro, o Doutor Hugo Pecos recibe a encarga de deter o contaxio antes de que se extenda por todo o país, pero cunha cédula vampiro clandestina planeando un atentad masivo, non será demasiado tarde?

    Inspirado no sitio web FVZA.org e con guión do veterano David Hine, con debuxos de Roy Allan Martínez e Wayne Nichols, "AFVZ" promete facer que incluso os fans máis desconfiados sigan lendo ata altas horas da noite.

    Se gustas de disfrutar dun bo cómic de terror, cunha historia que engancha e un debuxo que quita a respiración, non deixes de ler "AFVZ. Agencia Federal de Vampiros y Zombis".


    0 comentarios → AFVZ, de David Hine e Roy Allan Martínez

    Publicar un comentario