• Querido, quería contarte, de Louisa Young

    Como novidade, en Libraría Vagalume ofrecémosvos "Querido, quería contarte", de Louisa Young, unha historia de amor épica nos horrores da Primeira Guerra Mundial.

    No marco da Primeira Guerra Mundial, en escenarios coma Londres, París, o condado de Kent ou as trincheiras da Fronte Occidental, "Querido, quería contarte" é unha conmovedora e brillante novela de amor, clases e sexos en tempos de guerra, e de como esta afecta tanto a quen queda na casa coma ós que combaten na fronte.

    Mentres Peter Locke e Riley Purefoy loitan polo seu país, a súa supervivencia e a súa cordura nas trincheiras, os seus seres queridos fan o que poden na casa.

    Julia, hermosa e obsesiva, está casada con Peter, tenro e excéntrico. Só lle ensinaron a sentirse valorada pola súa beleza; de que lle serve agora en ausencia do seu amado esposo? Nadine e Riley, con só dezaoito anos cando comeza a guerra, con tantos soños que facer realidade e obstáculos por vencer, queren facer promesas por riba de todo, pero como, se o futuro non está nas súas mans? E en canto a Rose, curmá de Peter, que ocorreu coas mulleres de educación tradicional que perderon a esperanza de casar cando os xoves da súa xeración marcharon á guerra? 

    A medida que a contenda y as súas secuelas convirten o sacrificio e o trauma en parte da rutina, as vidas destos personaxes entrecrúzanse de manera inevitable e cambian para sempre. "Querido, quería contarte" ofrece unha testemuña desgarradora das secuelas físicas e emocionais da guerra e do poder do amor incondicional.

    "Unha historia de amor épica, unha dura crónica de guerra, un estudo de clases, un reconfortante relato de superación. O selo de "obra maestra clásica" figura en cada unha das súas páxinas. Unha elevada e conmovedora historia de tempos de guerra na que o amor triunfa sobre a desesperación", Kirkus.

    Gañador do Galaxy Book Award 2011 y nominado ó Costa Novel Award 2011.

    Non esperes máis e faite co teu exemplar!



    0 comentarios → Querido, quería contarte, de Louisa Young

    Publicar un comentario