• Partida de El Símbolo Arcano en Libraría Vagalume

    Como xa anunciabamos a semana pasada, en Libraría Vagalume temos o pracer de convocar unha partida do xogo de mesa "El Símbolo Arcano".

    Se tes 14 anos ou máis, non dubides en apuntarte e vir xogar a este emocionante xogo. Ademáis, é de balde, podes vir xogar sen ningún tipo de compromiso.

    Ó apuntarte, poderás beneficiarte, se o desexas, dun desconto do 10% sobre o P.V.P. para merca-lo xogo e poder desfrutar del cos teus familiares e amigos. O P.V.P. do xogo é de 34,95€.

    As prazas para poder xogar son limitadas: a pesar de que o xogo contempla a posibilidade de ter ata 8 xogadores, o mellor é non ser máis de 6 persoas, polo que este será o número máximo de prazas para poder apuntarse.

    A data fixada para a partida é o día 15 de Decembro, sábado, ás 16.30h. A esa hora comezaremos e xogaránse unha ou varias partidas en función da duración (posto que é algo que non se pode fixar por adiantado, dado que hai partidas que duran máis e partidas que duran menos).

    Xogaráse cun exemplar do xogo novo, aberto para tal efecto xusto antes da partida. E aquí ven o mellor: entre os xogadores interesados en adquirir o xogo, faráse un sorteo, e o gañador poderá levar o exemplar que usemos a un prezo espectacular: 28€.

    Supervisando a partida contaremos coa inestimable colaboración de Masivi, quen na súa páxina mijuegodelmes.com está a facer no presente mes de Novembro unha exhaustiva análise de "El Símbolo Arcano", polo que, se non o coñeces pero estás interesad@, seguindo a súa web disporás de todo o necesario para sumerxirte neste extraordinario xogo que bebe da fonte das novelas de H.P. Lovecraft.

    A que estás esperando? Ven á libraría e apúntate!


    0 comentarios → Partida de El Símbolo Arcano en Libraría Vagalume

    Publicar un comentario