• Novidade! Xogos de mesa en Libraría Vagalume



    Alegrámonos de comunicarvos que desde hoxe temos na nosa tenda xogos de mesa!

    En Libraría Vagalume queremos marcar a diferencia e facernos un nome no mercado, para o cal pretendemos ofrecer algúns productos que poden non ser tan habituais, pero sí dunha calidade extraordinaria.

    Ofrecémosvos agora a posibilidade de ter acceso na tenda a xogos de mesa que doutro xeito sería difícil conseguir, a non ser en tendas especializadas. Trátase de xogos elaborados, de coleccionista, en edicións de luxo que non deixan indiferente a ninguén.

    Emprendemos esta nova aventura con catro títulos que coidamos poden resultar máis que interesantes para tódolos amantes dos xogos de taboleiro:
    - "Arkham Horror", saído directamente das obras do mestre do terror H.P. Lovecraft.
    - "Descent. Viaje a las tinieblas. Segunda edición", un clásico entre os clásicos que combina aventura e terror.
    - "El Símbolo Arcano", ambientado no mesmo universo que "Arkham Horror".
    - "Juego de Tronos. El juego de tablero. Segunda edición", baseado na extraordinaria novela homónima de George R.R. Martin que desfrutan miles de persoas en todo o mundo.


    Chegados a este punto, non podemos deixar de recomendar a páxina web mijuegodelmes.com na que o mestre Masivi expón mes a mes, e dunha forma maxistral, todos os detalles que debedes de saber sobre unha chea de xogos coma os que agora temos na nosa tenda. Sen ir máis lonxe, neste mes de novembro está a desentrañar todos os detalles de "El Símbolo Arcano". A mellor maneira de coñecelos!

    Estade pendentes da nosa web e do Facebook porque dentro de moi pouco organizaremos no noso local unha partida dun destes xogos, á que non só poderedes apuntarvos para pasar un rato do máis entretido, senón que poderedes beneficiarvos dun importante desconto no voso exemplar do xogo obxecto da partida.














    0 comentarios → Novidade! Xogos de mesa en Libraría Vagalume

    Publicar un comentario