• Noche de invierno, de Valerio Massimo Manfredi

    Xa está á venda a nova novela do autor italiano Valerio Massimo Manfredi: "Noche de invierno".

    Ambientada na primeira metade do século XX, "Noche de invierno" conta a historia da familia Bruni, granxeiros pobres adicados desde sempre ó cultivo da terra e ó coidado dos animais. Pola noite, os pais reúnense cos seus nove fillos ó carón do lume, así coma con alquera viaxeiro que precise acolleito. Alí contan historia, verdadeiras e lendarias, e viven de primeira man os profundos cambios que traerán as dúas guerras mundiais. Celebran vodas e nacementos, pero tamén lamentan as mortes e as atrocidades causadas polos conflitos.

    A novela consagra valores sinxelos e profundos como a solidariedade e a compaixón ó tempo que retrata con gran realismo os celos e as loitas entre irmáns, así como a desintegración da unidade familiar segundo o seu mundo rural comeza a medrar e a facerse menos aillado.

    "Noche de invierno" conta a vida de tres xeracións da familia Bruni; unha historia tan verdadeira como fascinante que forma parte das lembranzas vivas dos propios devanceiros do autor.

    Pasa pola libraría e non deixes escapar este novo título dun dos autores de máis relevancia dos últimos tempos. E ademáis poderás beneficiarte da nosa promoción pola compra de libros!




    0 comentarios → Noche de invierno, de Valerio Massimo Manfredi

    Publicar un comentario