• La Logia de los Soñadores, de José Fideu e Vicente Cifuentes

    Se na nosa anterior entrada adicada á Banda Deseñada falábamos dun excelente título en branco e negro, acercámosvos agora outro exemplar de non menos calidade, esta vez a toda cor: "La Logia de los Soñadores", escrito por José Fideu e debuxado por Vicente Cifuentes.

    "Tu madre lo tenía todo. Cualquier cosa que se le ocurriera desear, se materializaba para ella en sus sueños, los hombres la obedecían sin saberlo... viajó a lugares donde ninguno de nosotros llegará jamás... Y sin embargo siempre prefirió la vigilia al sueño. Para ella un apartamento de cuarenta metros en una ciudad gris y ruidosa, con vosotros, fue siempre mejor que el mayor de nuestros paraísos soñados... Ese fue su pecado. Por eso murió... y por eso vas a morir tú ahora" (en castelán no orixinal).

    A Logia existe desde que o ser humano saíu da lama. Estivo ahí agochada no máis profundo da noite desde sempre. Nin eles mesmos coñecen as súas orixes que se remontan ós albores dos tempos, aínda que o seu destino é o de dar ós humanos, cando a Terra se lles quede pequena, unha guía a través do escuro frío cósmico. Sempre foron nove coma os planetas do noso sistema solar, e son capaces de dominar ós humanos cando durmen infiltrándose nos seus soños.

    Agora cometeron o peor dos crimes: matar a un deles por medo e avaricia ó informarlles de que nos estaban sós, temendo perder o seu trono. Agora a Logia deberá de ser renovada e atopar a novos soñadores que non foran corrompidos.

    Melville, un home incapaz de durmir e polo tanto de ser dominado pola Logia, e un neno (o fillo de Cartógrafa, a muller asasinada polos seus) deberán de sublevarse e levar a cabo o cambio.

    "La Logia de los Soñadores" é un claro exemplo de que en España pódese facer cómic de calidade, non tendo nada que envexar ós produtos vidos de máis alá do Atlántico ou da veciña Francia.

    Non agardes máis e faite co teu exemplar!





    0 comentarios → La Logia de los Soñadores, de José Fideu e Vicente Cifuentes

    Publicar un comentario