• I Concurso de Debuxo Libraría Vagalume 2012

    Inauguramos a nosa páxina web co anuncio da convocatoria do primeiro Concurso de Debuxo da Libraría Vagalume.
     
    Poderán participar tódolos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria que o desexen. O concurso divídese en 3 categorías dacordo ás idades dos/as concursantes. Haberá un fantástico premio para cada categoría!

    Aquí vos deixamos as bases do concurso:
    1. TEMA. O tema será diferente dependendo da categoría.
    2. PARTICIPANTES. Establécense 3 categorías:
    - Nenos/as de Educación Infantil. Confeccionarán un debuxo. Tema: libre.
    - Nenos/as de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Confeccionarán un marcapáxinas. Tema: a lectura, os libros e os escritores.
    - Nenos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Confeccionarán un marcapáxinas. Tema: a lectura, os libros e os escritores.
    3. DIMENSIÓNS. Entregaráse unha lámina coas dimensións marcadas, que os participantes haberán de recoller na libraría. No reverso figurarán os datos do neno/a: nome e apelidos, colexio e curso, idade e número de teléfono para poñernos en contacto no caso de resultar gañador/a.
    4. PRAZO DE ENTREGA. O prazo para entrega-los traballos finalizará o día 22 de Decembro ás 20h.
    5. LUGAR DE ENTREGA E HORARIOS. Os traballos entregaránse na Libraría Vagalume, sita na Rúa D, nº 20 (36500 Lalín). O horario é: de luns a venres, de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 20.00; sábados de 10.00 a 14.00.
    6. XURADO. O xurado estará formado por persoas totalmente alleas á libraría e ós colexios.
    7. GAÑADORES E PREMIOS. Establécese un premio por categoría, que constará de:
    - Diploma.
    - Libro a elixir polo gañador/a.
    - Edición do debuxo gañador a modo de calendario no caso da primeira categoría e de marcapáxinas nos outros dous supostos. Todos serán repartidos entre os nosos clientes.
    - Material escolar.
    - Regalo sorpresa.
    Os gañadores daránse a coñecer o día 26 de Decembro.

    Non perdades tempo e apuntade ós vosos fillos/as!
     

    0 comentarios → I Concurso de Debuxo Libraría Vagalume 2012

    Publicar un comentario