• El juego lúgubre, de Paco Roca

    "El juego lúgubre", de Paco Roca é un claro exemplo da Banda Deseñada de calidade, se ben non podemos deixar de recoñecer que non se trata dun cómic apto para toda clase de padales.

    Estamos en 1936, tempo de axitación artística e política. O fascismo cada vez ten máis forza en Europa. En España, a guerra civil está a piques de estalar. Jonás deixa Madrid e viaxa a Cadaqués (Girona) en busca dun lugar tranquilo, pero un ambiente de misterio envolve á pequena vila mariñeira. Os seus habitantes están aterrados polo pintor que vive na praia de Port Lligat. Salvador Deseo, o pintor surrealista catalán, atravesa a súa etapa creativa máis excéntrica e xenial. Necesita da terra de Cap de Creus para pintar. E segundo descubrirá Jonás nos días que pasará na súa casa, tamén necesita das súas xentes para dar forma aos seus pesadelos...

    "Desdebuxada a liña que separa delirio de realidade, Roca xoga co lector a pracer, facendo avanzar unha anécdota por inusitados terreos nos que o seu preciso grafismo serve de axustado vehículo ás necesidades da narración e eríxese nun artista capaz de deixarse imbuir dun pretérito surrealismo para poder levar a cabo todas aquelas aparicións do pintor", Sergio Benítez.


    "El juego lúgubre" é un cómic que, sen dúbida algunha, non deixará indiferente a ninguén, xa sexa para ben ou para mal. Pero se sodes amantes do estraño e vos gusta que a lectura vos atrape, vos sorprenda e, en maior ou menor medida, vos fascine, este é a todas luces o voso regalo do vindeiro Nadal.


    0 comentarios → El juego lúgubre, de Paco Roca

    Publicar un comentario