• El grito de la tierra, de Sarah Lark

    Por fin temos entre nós a agardadísima terceira e derradeira entrega da triloxía de Sarah Lark que comezara con "En el país de la nube blanca": "El grito de la tierra".

    Noza Zelanda, 1907. A infancia de Gloria remata de súpeto cando é enviada xunto á súa curmá Lilian a un colexio en Gran Bretaña. Se ben Lilian encaixa nos costumes que impón o Vello Mundo, Gloria quere voltar custe o que custe á terra que a viu nacer, para o que ideará un atrevido plan. O profundo sentimento que a empuxa a voltar marcará o seu destino e convertirá finalmente a Gloria nunha muller máis forte.

    A triloxía queda así completa con "En el país de la nube blanca", "La canción de los maoríes" e este "El grito de la tierra", convertindo a Sarah Lark nunha das escritoras de moda na actualidad. 

    Non agardes máis e faite co teu exemplar. Ou, se non liches ningún, aproveita e leos dunha tirada (tamén temos disponibles na tenda as díuas primeiras entregas).


    0 comentarios → El grito de la tierra, de Sarah Lark

    Publicar un comentario