• As de Pique, de Ricardo Barreiro e Juan Giménez

    Seguindo coa nosa intención de potenciar a lectura dos máis destacados títulos da Banda Deseñada, comprácenos presentarvos "As de Pique", que conta cun excelente guión de Ricardo Barreiro maxistralmente ilustrado por Juan Giménez.

    No verán de 1942 comenzaron as misións da 8ª forza aérea norteamericana sobre territorio alemán. O continxente, estacionado na Gran Bretaña, tiña por obxectivo principal o de acabar cos nós de comunicacións, a industria bélica e calquera soporte que axudara ó Reich a seguir loitando. Os aviadores americanos encargáronse das misións diúrnas, consideradas moito máis arriscadas que as nocturnas, responsabilidades esta última que recaía nos británicos.

    É neste escenario onde se desenvolve "As de Pique", serie creada polo guionista arxentino Ricardo Barreiro e debuxada polo seu compatriota Juan Giménez. A serie supuxo non só o recoñecemento definitivo para a carreira de Giménez, senón a demostración, ademáis, de que o home e a máquina podían compartir protagonismo nas páxinas dun cómic sen que ningún deles se resentise.

    A obra -magníficamente documentada polos dous autores- recrea os bombardeos da Segunda Guerra Mundial e as súas consecuencias, para ámbolos dous bandos. Por iso, ler "As de Pique" é unha ocasión única para coñecer a realidade dos grandes "raid" aéreos que encheron os ceos europeos nna metade do pasado século e para ser un membro máis da tripulación dunha daquelas fortalezas B-17, columna vertebral da 8ª forza aérea norteamericana.

    Xa sabes: non o dubides e pasa pola tenda a mercar o teu exemplar e beneficiarte da nosa exclusiva promoción!

    0 comentarios → As de Pique, de Ricardo Barreiro e Juan Giménez

    Publicar un comentario