• Arquitectura para principiantes, de Josep Busquet e Alex Xöul

    En Libraría Vagalume seguimos tentando achegar a Banda Deseñada, sobre todo a feita en España, a un público que polo xeral non a ten en conta á hora de mercar un bo título. Traémosvos agora "Arquitectura para principiantes", de Josep Busquet e Alex Xöul.

    Historias de enemizades eternas, de guerras ou de relixión son só algunhas das mostras do que nos ofrece "Arquitectura para principiantes", unha obra onde os monumentos e edificios que aparecen son tan importantes como os habitantes que os ocupan.

    Ao longo das páxinas de "Arquitectura para principiantes" asistiremos á grande rivalidade entre os que foron os dous maiores arquitectos da cidade: Brinkevweiller e Finderklenson; tamén veremos a un pobre desgraciado planear a construcción do gran templo de Ythopomohkkk, así coma ao xoven herdeiro dos Fustrenshaker obrigado a seguir a tradición familiar e ser arquitecto, ou a Lord Williams Winchester Wallace tentando entrar no selecto clube de espeleoloxía urbana Katrinsky Thundermeyer (onde se exploran lugares abandonados polos cidadáns), ó grande Donicela Azul  levando a cabo o último dos seus grandes roubos, etc. E todo elo da man de Josep Busquet ("La revolución de los pinceles") e Alex Xöul, un debuxante que dará moito do que falar no futuro.

    "Apreciados editores: merquei un exemplar do seu "Arquitectura para principiantes" e a miña vida deu un xiro de 227 graos. A súa lectura fíxome ver que debía abandonar á miña muller e ós meus sete fillos, deixa-lo meu bufete de avogados, doa-la miña fortuna ós pobres para comeza-los meus estudios arquitectónicos. A miña vida é agora completa", Arnold P. Busckhenffeimer.

    "Gracias ó libro fun capaz de colocar varias trampas no meu palacete estival e desde entón as visitas familiares deixaron de ser un encordio. Non paro de recomendar a súa obra a todos os meus familiares e amigos", Jack Guntherfursters III.

    "Hai un antes e un despois na miña vida desde que coñecín o seu libro. Calquera día destos mércoo", Walter o Sapo.

    Apostade polo cómic nacional o facédevos co voso exemplar!




    0 comentarios → Arquitectura para principiantes, de Josep Busquet e Alex Xöul

    Publicar un comentario