• Ardalén, de Miguelanxo Prado

    En Libraría Vagalume seguimos apostando pola Banda Deseñada made in Spain, neste caso cun título de recente aparición do artista galego máis internacional: Miquelanxo Prado. O seu título, "Ardalén".

     Ardalén (ar do alén, aire do máis alá): vento ábrego (vento temperado e húmido do Sudoeste, que trae as chuvias) que sopra desde o mar á terra, procedente do Sudoeste, nas costas atlánticas europeas. Trátase dun vento húmido que chega a portar moitos quilómetros terra adentro cheiros a sal e iodo. Segundo as crenzas populares, o ardalén orixínase nas costas americanas, atravesa o Océano Atlántico e chega ó Sudoeste de Europa.

    "Los recuerdos, que son muchos, van y vienen, sin que yo consiga colocarlos. Nunca estoy seguro de qué sucedió antes o después, me bailan los nombres, las caras... Es como si el libro de mi vida allá se hubiese deshecho y me quedara en las manos un puñado de hojas que no consigo ordenar de nuevo. A veces, incluso, es com si esos recuerdos no fuesen míos... Ni siquiera estoy seguro de diferenciar lo que he vivido y lo que he imaginado" (en castelán no orixinal).

    Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable. Sabela tenta reconstruir unha historia, unha parte da súa historia, a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van entretexendo nese proceso de recuperación, outras persoas, outras memorias. Porque tamén somos o que os demáis recordan. E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño, e hai rancores e odios.

    Por iso recordar non é inocuo.

    Pero quen non recorda, non vive. 

    Xa disponible na nosa tenda. Ven por el!




    0 comentarios → Ardalén, de Miguelanxo Prado

    Publicar un comentario