• "El juego lúgubre", de Paco Roca é un claro exemplo da Banda Deseñada de calidade, se ben non podemos deixar de recoñecer que non se trata dun cómic apto para toda clase de padales.

    Estamos en 1936, tempo de axitación artística e política. O fascismo cada vez ten máis forza en Europa. En España, a guerra civil está a piques de estalar. Jonás deixa Madrid e viaxa a Cadaqués (Girona) en busca dun lugar tranquilo, pero un ambiente de misterio envolve á pequena vila mariñeira. Os seus habitantes están aterrados polo pintor que vive na praia de Port Lligat. Salvador Deseo, o pintor surrealista catalán, atravesa a súa etapa creativa máis excéntrica e xenial. Necesita da terra de Cap de Creus para pintar. E segundo descubrirá Jonás nos días que pasará na súa casa, tamén necesita das súas xentes para dar forma aos seus pesadelos...

    "Desdebuxada a liña que separa delirio de realidade, Roca xoga co lector a pracer, facendo avanzar unha anécdota por inusitados terreos nos que o seu preciso grafismo serve de axustado vehículo ás necesidades da narración e eríxese nun artista capaz de deixarse imbuir dun pretérito surrealismo para poder levar a cabo todas aquelas aparicións do pintor", Sergio Benítez.


    "El juego lúgubre" é un cómic que, sen dúbida algunha, non deixará indiferente a ninguén, xa sexa para ben ou para mal. Pero se sodes amantes do estraño e vos gusta que a lectura vos atrape, vos sorprenda e, en maior ou menor medida, vos fascine, este é a todas luces o voso regalo do vindeiro Nadal.


  • En Libraría Vagalume seguimos tentando achegar a Banda Deseñada, sobre todo a feita en España, a un público que polo xeral non a ten en conta á hora de mercar un bo título. Traémosvos agora "Arquitectura para principiantes", de Josep Busquet e Alex Xöul.

    Historias de enemizades eternas, de guerras ou de relixión son só algunhas das mostras do que nos ofrece "Arquitectura para principiantes", unha obra onde os monumentos e edificios que aparecen son tan importantes como os habitantes que os ocupan.

    Ao longo das páxinas de "Arquitectura para principiantes" asistiremos á grande rivalidade entre os que foron os dous maiores arquitectos da cidade: Brinkevweiller e Finderklenson; tamén veremos a un pobre desgraciado planear a construcción do gran templo de Ythopomohkkk, así coma ao xoven herdeiro dos Fustrenshaker obrigado a seguir a tradición familiar e ser arquitecto, ou a Lord Williams Winchester Wallace tentando entrar no selecto clube de espeleoloxía urbana Katrinsky Thundermeyer (onde se exploran lugares abandonados polos cidadáns), ó grande Donicela Azul  levando a cabo o último dos seus grandes roubos, etc. E todo elo da man de Josep Busquet ("La revolución de los pinceles") e Alex Xöul, un debuxante que dará moito do que falar no futuro.

    "Apreciados editores: merquei un exemplar do seu "Arquitectura para principiantes" e a miña vida deu un xiro de 227 graos. A súa lectura fíxome ver que debía abandonar á miña muller e ós meus sete fillos, deixa-lo meu bufete de avogados, doa-la miña fortuna ós pobres para comeza-los meus estudios arquitectónicos. A miña vida é agora completa", Arnold P. Busckhenffeimer.

    "Gracias ó libro fun capaz de colocar varias trampas no meu palacete estival e desde entón as visitas familiares deixaron de ser un encordio. Non paro de recomendar a súa obra a todos os meus familiares e amigos", Jack Guntherfursters III.

    "Hai un antes e un despois na miña vida desde que coñecín o seu libro. Calquera día destos mércoo", Walter o Sapo.

    Apostade polo cómic nacional o facédevos co voso exemplar!




  • Por fin temos entre nós a agardadísima terceira e derradeira entrega da triloxía de Sarah Lark que comezara con "En el país de la nube blanca": "El grito de la tierra".

    Noza Zelanda, 1907. A infancia de Gloria remata de súpeto cando é enviada xunto á súa curmá Lilian a un colexio en Gran Bretaña. Se ben Lilian encaixa nos costumes que impón o Vello Mundo, Gloria quere voltar custe o que custe á terra que a viu nacer, para o que ideará un atrevido plan. O profundo sentimento que a empuxa a voltar marcará o seu destino e convertirá finalmente a Gloria nunha muller máis forte.

    A triloxía queda así completa con "En el país de la nube blanca", "La canción de los maoríes" e este "El grito de la tierra", convertindo a Sarah Lark nunha das escritoras de moda na actualidad. 

    Non agardes máis e faite co teu exemplar. Ou, se non liches ningún, aproveita e leos dunha tirada (tamén temos disponibles na tenda as díuas primeiras entregas).


  • En Libraría Vagalume seguimos apostando pola Banda Deseñada made in Spain, neste caso cun título de recente aparición do artista galego máis internacional: Miquelanxo Prado. O seu título, "Ardalén".

     Ardalén (ar do alén, aire do máis alá): vento ábrego (vento temperado e húmido do Sudoeste, que trae as chuvias) que sopra desde o mar á terra, procedente do Sudoeste, nas costas atlánticas europeas. Trátase dun vento húmido que chega a portar moitos quilómetros terra adentro cheiros a sal e iodo. Segundo as crenzas populares, o ardalén orixínase nas costas americanas, atravesa o Océano Atlántico e chega ó Sudoeste de Europa.

    "Los recuerdos, que son muchos, van y vienen, sin que yo consiga colocarlos. Nunca estoy seguro de qué sucedió antes o después, me bailan los nombres, las caras... Es como si el libro de mi vida allá se hubiese deshecho y me quedara en las manos un puñado de hojas que no consigo ordenar de nuevo. A veces, incluso, es com si esos recuerdos no fuesen míos... Ni siquiera estoy seguro de diferenciar lo que he vivido y lo que he imaginado" (en castelán no orixinal).

    Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable. Sabela tenta reconstruir unha historia, unha parte da súa historia, a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van entretexendo nese proceso de recuperación, outras persoas, outras memorias. Porque tamén somos o que os demáis recordan. E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño, e hai rancores e odios.

    Por iso recordar non é inocuo.

    Pero quen non recorda, non vive. 

    Xa disponible na nosa tenda. Ven por el!




  • Por fin temos nas nosas mans o novo traballo do reputado escritor Arturo Pérez-Reverte, "El tango de la Guardia Vieja".

    "Una pareja de jóvenes apuestos, acuciados por pasiones urgentes como la vida, se mira a los ojos al bailar un tango aún no escrito, en el salón silencioso y desierto de un transatlántico que navega en la noche. Trazando sin saberlo, al moverse abrazados, la rúbrica de un mundo irreal cuyas luces fatigadas empiezan a apagarse para siempre" (en castelán no orixinal).

    Un estraño desafío entre dous músicos, que leva a un deles a Bos Aires en 1928; un asunto de espionaxe na Riviera francesa durante a Guerra Civil española; unha inquedante partida de xadrez no Sorrento dos anos sesenta...

    "El tango de la Guardia Vieja" narra cun pulso admirable unha turbia e apaixonada historia de amor, traizóns e intrigas, que se prolonga durante catro décadas a través dus século convulso e fascinante, entre a luz crepuscular dunha época que se extingue.

    Un título imprescindible dun dos autores máis carismáticos do panorama literario español actual!


  • Se na nosa anterior entrada adicada á Banda Deseñada falábamos dun excelente título en branco e negro, acercámosvos agora outro exemplar de non menos calidade, esta vez a toda cor: "La Logia de los Soñadores", escrito por José Fideu e debuxado por Vicente Cifuentes.

    "Tu madre lo tenía todo. Cualquier cosa que se le ocurriera desear, se materializaba para ella en sus sueños, los hombres la obedecían sin saberlo... viajó a lugares donde ninguno de nosotros llegará jamás... Y sin embargo siempre prefirió la vigilia al sueño. Para ella un apartamento de cuarenta metros en una ciudad gris y ruidosa, con vosotros, fue siempre mejor que el mayor de nuestros paraísos soñados... Ese fue su pecado. Por eso murió... y por eso vas a morir tú ahora" (en castelán no orixinal).

    A Logia existe desde que o ser humano saíu da lama. Estivo ahí agochada no máis profundo da noite desde sempre. Nin eles mesmos coñecen as súas orixes que se remontan ós albores dos tempos, aínda que o seu destino é o de dar ós humanos, cando a Terra se lles quede pequena, unha guía a través do escuro frío cósmico. Sempre foron nove coma os planetas do noso sistema solar, e son capaces de dominar ós humanos cando durmen infiltrándose nos seus soños.

    Agora cometeron o peor dos crimes: matar a un deles por medo e avaricia ó informarlles de que nos estaban sós, temendo perder o seu trono. Agora a Logia deberá de ser renovada e atopar a novos soñadores que non foran corrompidos.

    Melville, un home incapaz de durmir e polo tanto de ser dominado pola Logia, e un neno (o fillo de Cartógrafa, a muller asasinada polos seus) deberán de sublevarse e levar a cabo o cambio.

    "La Logia de los Soñadores" é un claro exemplo de que en España pódese facer cómic de calidade, non tendo nada que envexar ós produtos vidos de máis alá do Atlántico ou da veciña Francia.

    Non agardes máis e faite co teu exemplar!





  • Como xa anunciabamos a semana pasada, en Libraría Vagalume temos o pracer de convocar unha partida do xogo de mesa "El Símbolo Arcano".

    Se tes 14 anos ou máis, non dubides en apuntarte e vir xogar a este emocionante xogo. Ademáis, é de balde, podes vir xogar sen ningún tipo de compromiso.

    Ó apuntarte, poderás beneficiarte, se o desexas, dun desconto do 10% sobre o P.V.P. para merca-lo xogo e poder desfrutar del cos teus familiares e amigos. O P.V.P. do xogo é de 34,95€.

    As prazas para poder xogar son limitadas: a pesar de que o xogo contempla a posibilidade de ter ata 8 xogadores, o mellor é non ser máis de 6 persoas, polo que este será o número máximo de prazas para poder apuntarse.

    A data fixada para a partida é o día 15 de Decembro, sábado, ás 16.30h. A esa hora comezaremos e xogaránse unha ou varias partidas en función da duración (posto que é algo que non se pode fixar por adiantado, dado que hai partidas que duran máis e partidas que duran menos).

    Xogaráse cun exemplar do xogo novo, aberto para tal efecto xusto antes da partida. E aquí ven o mellor: entre os xogadores interesados en adquirir o xogo, faráse un sorteo, e o gañador poderá levar o exemplar que usemos a un prezo espectacular: 28€.

    Supervisando a partida contaremos coa inestimable colaboración de Masivi, quen na súa páxina mijuegodelmes.com está a facer no presente mes de Novembro unha exhaustiva análise de "El Símbolo Arcano", polo que, se non o coñeces pero estás interesad@, seguindo a súa web disporás de todo o necesario para sumerxirte neste extraordinario xogo que bebe da fonte das novelas de H.P. Lovecraft.

    A que estás esperando? Ven á libraría e apúntate!


  • Como novidade, en Libraría Vagalume ofrecémosvos "Querido, quería contarte", de Louisa Young, unha historia de amor épica nos horrores da Primeira Guerra Mundial.

    No marco da Primeira Guerra Mundial, en escenarios coma Londres, París, o condado de Kent ou as trincheiras da Fronte Occidental, "Querido, quería contarte" é unha conmovedora e brillante novela de amor, clases e sexos en tempos de guerra, e de como esta afecta tanto a quen queda na casa coma ós que combaten na fronte.

    Mentres Peter Locke e Riley Purefoy loitan polo seu país, a súa supervivencia e a súa cordura nas trincheiras, os seus seres queridos fan o que poden na casa.

    Julia, hermosa e obsesiva, está casada con Peter, tenro e excéntrico. Só lle ensinaron a sentirse valorada pola súa beleza; de que lle serve agora en ausencia do seu amado esposo? Nadine e Riley, con só dezaoito anos cando comeza a guerra, con tantos soños que facer realidade e obstáculos por vencer, queren facer promesas por riba de todo, pero como, se o futuro non está nas súas mans? E en canto a Rose, curmá de Peter, que ocorreu coas mulleres de educación tradicional que perderon a esperanza de casar cando os xoves da súa xeración marcharon á guerra? 

    A medida que a contenda y as súas secuelas convirten o sacrificio e o trauma en parte da rutina, as vidas destos personaxes entrecrúzanse de manera inevitable e cambian para sempre. "Querido, quería contarte" ofrece unha testemuña desgarradora das secuelas físicas e emocionais da guerra e do poder do amor incondicional.

    "Unha historia de amor épica, unha dura crónica de guerra, un estudo de clases, un reconfortante relato de superación. O selo de "obra maestra clásica" figura en cada unha das súas páxinas. Unha elevada e conmovedora historia de tempos de guerra na que o amor triunfa sobre a desesperación", Kirkus.

    Gañador do Galaxy Book Award 2011 y nominado ó Costa Novel Award 2011.

    Non esperes máis e faite co teu exemplar!



  • Seguindo coa nosa intención de potenciar a lectura dos máis destacados títulos da Banda Deseñada, comprácenos presentarvos "As de Pique", que conta cun excelente guión de Ricardo Barreiro maxistralmente ilustrado por Juan Giménez.

    No verán de 1942 comenzaron as misións da 8ª forza aérea norteamericana sobre territorio alemán. O continxente, estacionado na Gran Bretaña, tiña por obxectivo principal o de acabar cos nós de comunicacións, a industria bélica e calquera soporte que axudara ó Reich a seguir loitando. Os aviadores americanos encargáronse das misións diúrnas, consideradas moito máis arriscadas que as nocturnas, responsabilidades esta última que recaía nos británicos.

    É neste escenario onde se desenvolve "As de Pique", serie creada polo guionista arxentino Ricardo Barreiro e debuxada polo seu compatriota Juan Giménez. A serie supuxo non só o recoñecemento definitivo para a carreira de Giménez, senón a demostración, ademáis, de que o home e a máquina podían compartir protagonismo nas páxinas dun cómic sen que ningún deles se resentise.

    A obra -magníficamente documentada polos dous autores- recrea os bombardeos da Segunda Guerra Mundial e as súas consecuencias, para ámbolos dous bandos. Por iso, ler "As de Pique" é unha ocasión única para coñecer a realidade dos grandes "raid" aéreos que encheron os ceos europeos nna metade do pasado século e para ser un membro máis da tripulación dunha daquelas fortalezas B-17, columna vertebral da 8ª forza aérea norteamericana.

    Xa sabes: non o dubides e pasa pola tenda a mercar o teu exemplar e beneficiarte da nosa exclusiva promoción!



  • Alegrámonos de comunicarvos que desde hoxe temos na nosa tenda xogos de mesa!

    En Libraría Vagalume queremos marcar a diferencia e facernos un nome no mercado, para o cal pretendemos ofrecer algúns productos que poden non ser tan habituais, pero sí dunha calidade extraordinaria.

    Ofrecémosvos agora a posibilidade de ter acceso na tenda a xogos de mesa que doutro xeito sería difícil conseguir, a non ser en tendas especializadas. Trátase de xogos elaborados, de coleccionista, en edicións de luxo que non deixan indiferente a ninguén.

    Emprendemos esta nova aventura con catro títulos que coidamos poden resultar máis que interesantes para tódolos amantes dos xogos de taboleiro:
    - "Arkham Horror", saído directamente das obras do mestre do terror H.P. Lovecraft.
    - "Descent. Viaje a las tinieblas. Segunda edición", un clásico entre os clásicos que combina aventura e terror.
    - "El Símbolo Arcano", ambientado no mesmo universo que "Arkham Horror".
    - "Juego de Tronos. El juego de tablero. Segunda edición", baseado na extraordinaria novela homónima de George R.R. Martin que desfrutan miles de persoas en todo o mundo.


    Chegados a este punto, non podemos deixar de recomendar a páxina web mijuegodelmes.com na que o mestre Masivi expón mes a mes, e dunha forma maxistral, todos os detalles que debedes de saber sobre unha chea de xogos coma os que agora temos na nosa tenda. Sen ir máis lonxe, neste mes de novembro está a desentrañar todos os detalles de "El Símbolo Arcano". A mellor maneira de coñecelos!

    Estade pendentes da nosa web e do Facebook porque dentro de moi pouco organizaremos no noso local unha partida dun destes xogos, á que non só poderedes apuntarvos para pasar un rato do máis entretido, senón que poderedes beneficiarvos dun importante desconto no voso exemplar do xogo obxecto da partida.














  • Xa está á venda a nova novela do autor italiano Valerio Massimo Manfredi: "Noche de invierno".

    Ambientada na primeira metade do século XX, "Noche de invierno" conta a historia da familia Bruni, granxeiros pobres adicados desde sempre ó cultivo da terra e ó coidado dos animais. Pola noite, os pais reúnense cos seus nove fillos ó carón do lume, así coma con alquera viaxeiro que precise acolleito. Alí contan historia, verdadeiras e lendarias, e viven de primeira man os profundos cambios que traerán as dúas guerras mundiais. Celebran vodas e nacementos, pero tamén lamentan as mortes e as atrocidades causadas polos conflitos.

    A novela consagra valores sinxelos e profundos como a solidariedade e a compaixón ó tempo que retrata con gran realismo os celos e as loitas entre irmáns, así como a desintegración da unidade familiar segundo o seu mundo rural comeza a medrar e a facerse menos aillado.

    "Noche de invierno" conta a vida de tres xeracións da familia Bruni; unha historia tan verdadeira como fascinante que forma parte das lembranzas vivas dos propios devanceiros do autor.

    Pasa pola libraría e non deixes escapar este novo título dun dos autores de máis relevancia dos últimos tempos. E ademáis poderás beneficiarte da nosa promoción pola compra de libros!




  • Inauguramos a nosa páxina web co anuncio da convocatoria do primeiro Concurso de Debuxo da Libraría Vagalume.
     
    Poderán participar tódolos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria que o desexen. O concurso divídese en 3 categorías dacordo ás idades dos/as concursantes. Haberá un fantástico premio para cada categoría!

    Aquí vos deixamos as bases do concurso:
    1. TEMA. O tema será diferente dependendo da categoría.
    2. PARTICIPANTES. Establécense 3 categorías:
    - Nenos/as de Educación Infantil. Confeccionarán un debuxo. Tema: libre.
    - Nenos/as de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Confeccionarán un marcapáxinas. Tema: a lectura, os libros e os escritores.
    - Nenos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Confeccionarán un marcapáxinas. Tema: a lectura, os libros e os escritores.
    3. DIMENSIÓNS. Entregaráse unha lámina coas dimensións marcadas, que os participantes haberán de recoller na libraría. No reverso figurarán os datos do neno/a: nome e apelidos, colexio e curso, idade e número de teléfono para poñernos en contacto no caso de resultar gañador/a.
    4. PRAZO DE ENTREGA. O prazo para entrega-los traballos finalizará o día 22 de Decembro ás 20h.
    5. LUGAR DE ENTREGA E HORARIOS. Os traballos entregaránse na Libraría Vagalume, sita na Rúa D, nº 20 (36500 Lalín). O horario é: de luns a venres, de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 20.00; sábados de 10.00 a 14.00.
    6. XURADO. O xurado estará formado por persoas totalmente alleas á libraría e ós colexios.
    7. GAÑADORES E PREMIOS. Establécese un premio por categoría, que constará de:
    - Diploma.
    - Libro a elixir polo gañador/a.
    - Edición do debuxo gañador a modo de calendario no caso da primeira categoría e de marcapáxinas nos outros dous supostos. Todos serán repartidos entre os nosos clientes.
    - Material escolar.
    - Regalo sorpresa.
    Os gañadores daránse a coñecer o día 26 de Decembro.

    Non perdades tempo e apuntade ós vosos fillos/as!