• Rematamos este ano 2012 comentando un título de novela negra do máis interesante. Trátase de "La caja negra", de Michael Connelly.

    Que relación pode gardar un asasinato acontecido dúas décadas atrás cunha serie de mortes sucedidas tempo despois sen explicación aparente? O inspector Harry Bosch débese de plantexar dita pregunta cando a investigación dun antigo homicidio lle leva á peor época que lembra na súa longa traxectoria profesional: as revoltas raciais que arrasaron Los Ángeles en 1992.

    A medida que avance na investigación do vello caso nunca resolto, Bosch deberá de tornar a aqueles turbulentos días nos que a cidade pareceu volverse tola e nos que unha xove fotógrafa morreu baixo estrañas circunstancias. E é posible que a resolución do asasinato cometido en 1992 tamén ofreza resposta a outros crimes sen aclarar.

    "La caja negra" (Serie Harry Bosch, 18) é o novo éxito do superventas Michael Connelly, un fenómeno literario que arrasa en todo o mundo. Pola súa arrepiante acción, a maxistral cosntrucción dos personaxes e o seu endemoñado ritmo narrativo, esta xoia da literatura policiaca contemporánea foi galardonada co prestixioso VI Premio RBA de Novela Negra.


  • Dende Libraría Vagalume traémosvos un novo título da banda deseñada feita no noso país. Trátase de "Silhouette", de Jesús Alonso Iglesias e Víctor Santos, ao que sigue "Silhouette. Arcángeles oscuros".

    "Silhouette". Maio de 1942. No París ocupado da Segunda Guerra Mundial álzase entre a Resistencia a figura de Silhouette, un xusticeiro enmascarado que se adica a ser o azote dos nazis. Neste entorno, chegará á capital francesa un alto oficial das SS cunha misteriosa misión relacionada co ocultismo, en busca da arma definitiva que decante a guerra hacia o bando alemán.

    "Silhouette. Arcángeles oscuros". O inverno chega a París ocupado polo exército alemán e a loita do vixilante solitario coñecido como Silhouette continúa sen descanso. A intervención de novos xusticeiros enmascarados e a tensión coa Resistencia complica a súa actuación, pero a aparición dun inimigo ao que incluso os nazis temen pode mudar xa non só a súa propia cruzada, senón o mesmo curso da guerra.

    Jesús Alonso Iglesias e Víctor Santos logran, co cómic que nos traemos entre mans, un claro exemplo de que non só fóra das nosas fronteiras se fan boas historias acompañadas de bos debuxos. "Silhouette" é unha obra do máis recomendable para todos aqueles que gustan de pasar un rato entretido.

    Próximamente, "Silhouette. El ejército de las sombras".

  • En Libraría Vagalume apostamos pola ópera prima da escritora Laura Falcó Lara, "Gritos antes de morir".

    Que pasaría se souberas cal é o teu destino? Que farías se unha chamada che anunciase cando vas morrer? Sinistros edificios asediados por espectros sen nome, maléficos nenos criminais e indefensas criaturas, seres do submundo, visións anticipatorias e, sobreboándoo todo, a dama da gadaña, ameaza contínua.

    Laura Falcó Lara reaviva no seu debut narrativo unha tradición, a do terror sobrenatural, que manexa con soltura de experta, e na que se inscribe cun estilo directo e enérxico. A cabalo entre os sorpresivos e turbadores relatos de Stephen King e o hitchcockiano suspense das obras de Dean Koontz, "Gritos antes de morir" sumérxenos nun universo onde o paranormal, o pánico e o misterio crean un mosaico de asombrosas historias que rompen a lóxica e a razón. Vintesete narracións repletas de escalofríos e adrenalina, que se dan cita nun libro asfixiante, cheo de xiros inesperados, pero, sobre todo, aterrador.

    XA DISPONIBLE NA NOSA TENDA!!!
     
  • A Axencia de Investigación e Defensa do Paranormal (AIDP) naceu nas páxinas da máis aclamada creación do xenial Mike Mignola, "Hellboy". Era o organismo do goberno encargado de investigar todas aquelas cuestións que, polo seu carácter paranormal, non podían ser deixadas en mans doutras axencias máis convencionais. Nela Hellboy coñeceu a toda unha serie de carismáticos personaxes, algúns deles presentes neste spin-off (como lle chaman os americanos a series que nacen doutras centrándose en personaxes secundarios na orixinal). Os personaxes protagonistas de "AIDP" son:

    - Abe Sapien. Un home anfibio descuberto nunha primitiva cámara de estasis nun esquecido soto dun hospital de Washington, D.C. Abe serviu como axente de campo na AIDP dende pouco despois de ser revivido.

    - Roger. Un homúnculo feito de herbas e sangue humano. Descuberto en Rumanía, Roger cobrou vida ao ser tocado pollo poder piroquinético de Liz. Que realmente estea ou non vivo é unha cuestión a debatir, pero o seu amor pola vida non.

    - Liz Sherman. Piroquinética dende a idade de 11 anos, cando accidentalemente quemou á súa familia matándoos a todos. Foi tutelada porla AIDP dende entón, aprendendo a controlar as súas habilidades piroquinéticas e a vivir con trauma que esas habilidades lle trouxeron.

    - Johann Krauss. Un médium cuxa forma física quedou destruída mentres a súa proxección ectoplásmica estaba fóra do corpo. Johann é un émpata físico que pode crear formas temporais para que os mortos falen cos vivos.

    - Dra. Kate Corrigan. Foi profesora na Universidade de Nova York e é toda unha autoridade en folklore e historia oculta. Foi consultora da AIDP durante máis de dez anos, ata que Hellboy a reclutou para facer traballo de campo.

    Norma Editorial presenta agora esta excelente obra nuns extraordinarios tomos recopilatorios do que se acaba de publicar o número 1 a un prezo irrepetible.


  • Richard Dübell, aclamado autor de "La Biblia del diablo", sorpréndenos agora cunha novela comparada con "Los pilares de la Tierra" que entrou nas listaxes dos máis vendidos de Alemania, cautivando a lexións de lectores, e foi unánimemente avalada pola crítica especializada. Por fin Dübell "chega á cima da súa arte" (Kölner Stadt-Anzeiger) cunha "obra titánica e maxistralmente narrada" (Histo-Couch.de) que se converteu nunha "das mellores novelas históricas dos últimos anos" (WAZ).

    Alemania, ano 1250. Federico II morreu e o reino está conmocionado. Só unha persoa coñece o derradeiro segredo do emperador: Roger de Bezers, un cátaro que sigue a pista do segredo destinado a cambia-la súa vida para sempre.

    Ao mesmo tempo, Elsbeth, unha monxa cisterciense, emprende a construcción dun novo convento en medio do solitario bosque de Steigerwald coa esperanza de evitar que Hedwig, a súa protexida, caia en mans da Inquisición. Cando os habitantes da vila veciña e os ricos monxes do val próximo se opoñen aos seus plans, Elsbeth recorre á axuda de tres descoñecidos, sen sospeitar o verdadeiro motivo que levou a Rogers e os seus compañeiros ata ela. Tal vez xuntos logren abri-las portas da eternidade...

    Se es fan da novela histórica na liña dos últimos títulos do aclamado escritor Ken Follet, este é o teu libro.

     
  • O personaxe de Sherlock Holmes, o mellor e máis coñecido detective privado da literatura e creado por Sir Arthur Conan Doyle, é unha figura inmortal, tal e como xa demostrou o propio Conan Doyle ao resucitar ao personaxe tra-lo seu intento de acabar con el na definitiva pelexa contra o seu eterno rival, o Profesor Moriarty. Pero Holmes non só vive nas obras do escritor escocés, senón que, moitos anos despois da morte deste, segue a dar moito de sí. Dende Libraría Vagalume queremos dar a coñecer algunhas mostras que se afastan un chisco dos relatos máis tradicionais:

    - "Sherlock Holmes y los zombis de Camford", de Alberto López Aroca. Editada por Dolmen Editorial. É Outubro de 1903. Sherlock Holmes está a piques de retirarse, Watson casou por enésima vez, e o detective de Baker Street conta agora coa axuda dun antigo presidiario, Otis Mercer, para realizar as labores cotiás do oficio. Cando Bernard Baker, masón e tamén detective privado, solicita a súa axuda para localizar ao comprador dun estraño "elixir rexuvenecedor", Holmes decide viaxar á cidade de Camford, onde se topará cunha aterradora ameaza, así coma cunha serie de enigmas que desafiarán á súa mente deductiva: que segredo oculta a pedra máxica do xoven millonario recén chegado de Sudamérica? Quen é o home da man de metal? Cales son as verdadeiras intencións do extravagante señor Pride? Que prodixios se gardan nos lóbregos sotos da universidade? E o máis importante, poderá Sherlock Holmes resolver tódolos misterios e evitar que o mundo acabe invadido por unha praga de mortos vivintes?

    - "Victorian Undead", de Ian Edginton e Davide Fabri. Formada por dous cómics editados por Norma na colección Made in hell: un primeiro tomo que enfrenta ao famoso detective cun exército de zombis e un segundo no que será  Drácula quen o poña contra as cordas. Trátase dunha obra que combina unha extraordinaria historia cun debuxo sobresaínte, formando un cómic imprescindible na biblioteca de banda deseñada de calquera amante do cómic fantástico e de terror.









    - "Sherlock Holmes y la conspiración de Barcelona", de Sergio Colomino e Jordi Palomé. Cómic de tapa dura editado por Norma. Ano 1893. Sherlock Holmes, o gran detective a quen o mundo veu morrer en Reichenbach, chega a Barcelona para investigar a reaparición dunha nave submarina codiciada por media Europa. Pero nunha cidade dividida polo conflicto entre burguesía e clase traballadora, a investigación inicial de Holmes extenderá os seus fíos para rematar conducíndoo ata as sociedades anarquistas, e convertilo en testemuña dun dos sucesos máis sanguentos na historia de Barcelona.











    Non o dubides: se buscas algo distinto a todo o que liches do detective de Baker Street, estas son as túas obras.

     
  • Nesta ocasión, en Libraría Vagalume traémosvos un libro dun escritor pouco coñecido para o gran público pero que nas súas novelas plantexa historias máis que interesante. Trátase de Matthew Reilly e o libro é "Las seis piedras sagradas".

    Despois de cumprir unha misión de dez anos e conseguir o piramidión de ouro que coroa a Gran Pirámide de Gizeh, Jack West retírase a un afastado lugar de Australia para criar e educar á súa filla adoptiva, Lily.

    Mentres tanto, en China, o arqueólogo Max Epper, amigo de West, descubre un grabado que representa dez planetas xirando arredor do Sol e un estraño punto negro situado fóra das súas órbitas. Investigando, descubre que a burato negro ten unha potencia idéntica á do astro rei, e q ameaza con absorber o sistema solar dentro dun ano. O único modo de salvar á humanidade é creando o que chaman "A Máquina". Para elo, hai que localizar e situar en seis puntos da Terra os seis pilares, ou pedras sagradas, que deberán soster seis enormes diamantes. Hai que activar cada pilar nunha data determinada segundo a posición dos planetas no grabado, e para o primeiro só falta unha semana. O único capaz de localizar os pilares e deter o burato negro é Jack West. Comezou a carreira.

    Trátase dun autor moi a ter en conta nun futuro, do que lamentablemente aquí en España se publican novelas con bastante retraso con respecto á súa estrea nos EE.UU. Pero polo menos no noso país podemos disfrutar, aparte deste que nos ocupa, de "Antártida: Estación polar", "Área 7", "La lista de los doce" e "El templo" (todos en Libraría Vagalume). Ven por eles e benefíciate do nosa promoción bono-libro!





  • Puzzle magnético mapamundi. Divertido e didáctico! Os teus rapaces aprenderán ó mesmo tempo que se divirte con este puzzle magnético formado por 92 imáns que representan cada un dos países ou rexións do mundo.



    Puzzle magnético España. Este extraordinario puzzle representa un mapa de España no que 50 imáns representan as provincias, e agrupándoas pola súa cor poderás saber a que Comunidad Autónoma pertencen.





    Puzzle "Os piratas". Excelente puzzle de 36 pezas de cartón, para idades entre os 4 e os 7 anos, presentado nun cómodo maletín de forma redonda.






    Puzzle de chan "O espacio". Puzzle de 36 grandes pezas de cartón, para rapaces entre os 4 e os 7 anos, presentado nun cómodo maletín redondo.




    Puzzle de chan "Princesas". Precioso puzzle de 36 pezas grandes de cartón, para idades entre 4  e 7 anos, presentado nun práctico maletín redondo.





    Puzzle kubkid "Contos". Bonito puzzle quebracabezas formado por 12 cubos que ilustran nas súas 6 caras imaxes de 6 contos tradicionais distintos, presentado nun cómodo maletín.












    Ven á nosa libraría, temos máis modelos, como puzzles de madeira e magnéticos para os máis pequenos!


  • A recentemente nada editorial ECC está a recopilar en tomos de tapa dura a excelente serie "Fábulas", anteriormente publicada en rústica por Planeta DeAgostini.

    Era unha vez... Imaxina que tódolos personaxes das historias máis queridas foran reales e viviran entre nós, cos seus poderes intactos. Como sobrelevarían a vida na nosa realidade mundana e sen maxia?

    A resposta atópase en "Fábulas", a aclamada versión que Bill Willingham fixo do venerable canon dos contos de fadas. De Branca Neves a Lobo Feroz, pasando por Riciños de Ouro ou Rapaz de Azul, os personaxes dos vellos contos que renacen aquí como exiliados que viven agochados máxicamente na Vila Fábula de Nova York.

    Aclamados tanto pola crítica coma polos lectores, estes clásicos modernos narrados en forma de cómic recopílanse por primeira vez nunha serie de preciosos tomos de tapa dura. O primeiro tomo desta edición de luxo recopila os numeros 1 ao 10 da premiada serie de Vertigo, e inclúe unha sección de bocetos con deseños de personaxes de Willingham, Lan Medina e Mark Buckingham, así coma unha nova introducción do primeiro deles, mentres que o segundo recopila os números 11 ao 18, ademáis da novela gráfica "El último castillo" e o relato ilustrado "Un lobo entre nosotros", de Willingham, así como tamén outra introducción deste e unha sección de bocetos con deseños de personaxes de Craig Hamilton, P. Craig Russell e Mark Buckingham.

    Gañadora de 14 premios Eisner.

    Paralelamente, ECC edita tamén "Fabulosas", unha serie derivada da principal e centrada nas mulleres protagonistas de "Fábulas".

    Non deixes pasar a oportunidade de ler estes exemplares da mellor Banda Deseñada!




  • Globo terráqueo "Mondo Quiz". Para que os rapaces aprendan xogando! Este estupendo set consta dunha bola do mundo, 147 tarxetas con 252 preguntas e 42 "probas especiais", 1 bolígrafo electrónico, 42 cartulinas, 210 fichas e 2 fichas coas regras do xogo.
    Globo terráqueo "Marco Polo". Aprende xeografía con esta preciosa bola do mundo que imita as cartografías antigas. 
    Hai máis modelos de globos terráqueos, ven velos!








    Libretita con goma "Jordi Labanda". Trátase dunha estupenda libreta de pequeno tamaño, ideal para levar contigo vaias onde vais. Da mesma colección, temos a libreta de anillas tamaño cuartilla e o archivador de 4 anillas tamaño folio.













    Libretitas con goma variadas. Ideais para levar contigo a todas horas, do máis prácticas! Temos varios modelos, aparte deste do búho e o da rapaza das trenzas, así coma outras distintas: de tamaño maior, con imán e sen el, e outras cadradas con debuxos de bicis antigas.

















    Mochila do Barça con carro. Estupenda mochila para siareiros culés. Na mesma colección laranxa temos: a bandoleira grande (para libros do colexio, libretas...), a bandoleira pequena (tipo bolsiño), o plumier e o portatodo. E na tradicional cor blaugrana temos a mochila sen carro, o plumier e o portatodo.
    Mochila con carro "Monster High". Estupenda mochila para levar todas as túas cousas do colexio! Tamén temos dous modelos distintos de mochila sen carro, un kit formado por mochila, libreta, portatodo e bolígrafo, outro kit de carpeta, libreta e portatodo, portatodos de varios tamaños, bandoleira, libretas, bolígrafos...
    Mochila do Real Madrid. Estupenda mochila para siareiros brancos. Temos tamén: outro modelo de mochila, a bandoleira grande (para libros, libretas...), a bandoleira pequena (tipo bolsiño), dous modelos de plumier e varios modelos de portatodo.
  • O xenial pintor Juan Manuel Valcárcel, nado en Tui e residente no concello de Boborás, emprende a súa primerira aventura como escritor, cunha excelente novela que, unha vez a comeces, non poderás deixar: "La Cruz del Salvador", publicada pola recentemente creada editorial Guiverny.

    Corre o convulso século XVI. A ourensana comarca do Orcellón vive un momento de gran actividade polo frenético levantamento de igrexas e cenobios dentro da súa área de influencia. Asistimos así á reconstrucción, gracias á pericia dos famosos canteiros galegos e de mestres imaxineiros vidos de Francia, dun dos maiores mosteiros galegos: o templo cisterciense de Oseira.

    Nos episodios desta novela iránse alternando distintos períodos históricos que teñen o seu pivote no ano 1985, no cal dous personaxes, un home e unha muller, investigan a misteriosa desaparición dunha valiosa reliquia á que antigamente se lle atribuían poderes curativos e que era popularmente coñecida polo nome de a Cruz do Salvador.

    Juan Manuel Valcárcel non só sae airoso no seu debut no mundo literario, senón que consigue unha novela do máis recomendable que, pouco a pouco, se está abrir camiño nun máis que complicado mundo editorial. Non o perdas!


  • Está claro que os zombis, ou mortos vivintes, están de moda. O cómic "Los muertos vivvientes" marcou un antes e un despois na Banda Deseñada, e a súa adaptación á pequena pantalla, "The walking dead", arrasa alá onde se estrea. Desde Libraría Vagalume queremos facer a nosa aportación a semellante fenómeno achegándovos un título non demasiado coñecido, pero cheo de virtudes: "AFVZ. Agencia Federal de Vampiros y Zombis".

    Os vampiros e os zombis son reais. De feito, os non-mortos estiveron entre nós desde a mesma creación dos Estados Unidos. Estes pesadelos vivintes non son o que aparece nas lendas idealizadas, senón o resultado de virus e pragas que ameazan a toda a humanidade. Por iso se creou a AFVZ (Axencia Federal para Vampiros e Zombis): para erradicar estas criaturas da faz da terra. E a finais do século XX semellaba telo logrado... ata agora. Obrigado a volver do seu retiro, o Doutor Hugo Pecos recibe a encarga de deter o contaxio antes de que se extenda por todo o país, pero cunha cédula vampiro clandestina planeando un atentad masivo, non será demasiado tarde?

    Inspirado no sitio web FVZA.org e con guión do veterano David Hine, con debuxos de Roy Allan Martínez e Wayne Nichols, "AFVZ" promete facer que incluso os fans máis desconfiados sigan lendo ata altas horas da noite.

    Se gustas de disfrutar dun bo cómic de terror, cunha historia que engancha e un debuxo que quita a respiración, non deixes de ler "AFVZ. Agencia Federal de Vampiros y Zombis".


  • Coincidindo coa estrea nos cines de toda España da cinta de Dreamworks Animation "El origen de los Guardianes", a editorial Combel publica os libros orixinais nos que se basea o filme dirixido por Peter Ramsey.

    Contan que William Joyce, autor e ilustrador destas magníficas novelas, creou, xunto coa compañía Reel FX, unha subdivisión desta chamada Aimesworth Amusements coa fin de facer toda unha serie de películas de animación creadas por ordenador, idea que descartou polo elevado custe de semellante tarefa, amén da competitividade existente no mundo da animación por ordenador. De ahí que a historia quedase convertida nunha serie de libros que se veñen publicando desde o pasado ano (apuntar que a película, por expreso desexo de Joyce non segue os feitos narrados neles, ambientándose 200 anos máis tarde), dos que agora nos chegan en castelán os seguintes títulos:

    "El Hombre de la Luna". Alí, no ceo. Non o ves? Non, non ál Lúa. O Home da Lúa. Non sempre foi un home. Nin sempre estivo na Lúa. Hai moitos anos foi pequeno. Coma vós. Ata que unha batalla, una estrela fugaz e un globo perdido o empuxaron a unha aventura. Preséntovos ó primeiro Guardián da Infancia, HL, o Home da Lúa.

    "Nicolás San Norte y la batalla contra el Rey de las Pesadillas", coescrito con Laura Geringer (Libro Primero). Antes de ser Papá Noel, San Nicolás foi Norte. Nicolás San Norte, rufián, temerario espadachín e célebre foraxido. Famoso pola súa destreza no manexo de toda clase de armas, dedicábase a buscar e obter tesouros e riquezas a calquera prezo. Non podía decirse que tivera madeira de heroe. Pero os heroes non nacen... fórxanse. Cando os auténticos viláns aparecen en escea, adoptando as sinistras formas de Sombra e os seus aterradores temores, Norte descubre outra  maneira de poñer en práctica as súas afamadas habilidades marciais. Nesta primeira entrega da serie de aventuras dos Gardiáns coñecerás ó lexendario San Nicolás. Oíches falar moito del, pero en realidade aínda non sabes quen é...

    "Conejo de Pascua y su ejército en el centro de la Tierra" (Libro Segundo). De inofensivo nada, Coello de Pascua é todo un guerreiro. Sombra, o Rei dos Pesadelos, e o seu exército de temores foron derrotados no primeiro episodio das aventuras dos Gardiáns. Parece que agora o malvado inimigo dos nenos está a tramar unha terrible vinganza, e os Gardiáns sospeitan que se agochou baixo terra. Pero, se é así, como o van atopar? Aquí entra en escea Coello de Pascua, Bunny para os amigos, o único emisario da lexendaria irmandade de coellos guerreiros de tamaño e intelecto impoñentes. Bunny domina as artes marciais e é brillante, sagaz e un excavador de túneless extraordinario. Conta tamén coa axuda duns soldados moi especiais. Conseguirán os Gardiáns dar con Sombra e desbaratar os seus crueis plans de vinganza?

    Se buscas literatura de calidade para os máis pequenos da casa ou buscas pasar un rato do máis agradable volvendo á infancia, estes son, sen dúbida algunha, os libros idóneos.

  • En Libraría Vagalume queremos facer unha modesta pero sincera homenaxe ó escritor chinés Mo Yan, recentememente nomeado Premio Nobel de Literatura 2012.

    Deste autor, a editorial Kailas acaba de reeditar algunhas das súas mellores novelas, como poden ser "Shifu, harías cualquier cosa por divertirte", "La República del vino" e "Grandes pechos amplias caderas", tres títulos que temos disponibles na nosa tenda.

     "Shifu, harías cualquier cosa por divertirte". O humor, a sátira e o realismo máxico fúndense na obra máis evocadora de Mo Yan. Os oito relatos cortos que compoñen esta novela agochan personaxes enigmáticos que trasladan ao lector aos rincóns máis recónditos e suxestivos da China rural. Bestas, curas milagreiras, xardíns esquecidos e tímidos amantes sumérxense nun mundo semi-máxico no que sen embargo subxacen gravez problemas sociais.

    "La República del vino". Unha viaxe hipnótica a unha provincia chinesa na que quizais practiquen o canibalismo. O alcohol e a literatura fúndense nesta trepidante novela e dan paso a varios relatos con personaxes extraordinarios. Un pequeno demo, un anano enigmático ou unha meiga travesa enfeitízannos e transpórtannos a mundos fantasmagóricos.

    "Grandes pechos amplias caderas". Quizais o máis valente escritor chinés contemporáneo plasma a través dunha épica saga familiar, a historia do seu país durante o século XX, desde a Rebelión dos Bóxers de 1900 aos anos de Mao, reinterpretando coa súa asombrosa destreza literaria a caída da dinastía Qing, a invasión xaponesa, a Guerra Civil e a Revolución Cultural.

    Se non sabes que regalar neste Nadal, Mo Yan é unha aposta segura! 



     


     
  • "El juego lúgubre", de Paco Roca é un claro exemplo da Banda Deseñada de calidade, se ben non podemos deixar de recoñecer que non se trata dun cómic apto para toda clase de padales.

    Estamos en 1936, tempo de axitación artística e política. O fascismo cada vez ten máis forza en Europa. En España, a guerra civil está a piques de estalar. Jonás deixa Madrid e viaxa a Cadaqués (Girona) en busca dun lugar tranquilo, pero un ambiente de misterio envolve á pequena vila mariñeira. Os seus habitantes están aterrados polo pintor que vive na praia de Port Lligat. Salvador Deseo, o pintor surrealista catalán, atravesa a súa etapa creativa máis excéntrica e xenial. Necesita da terra de Cap de Creus para pintar. E segundo descubrirá Jonás nos días que pasará na súa casa, tamén necesita das súas xentes para dar forma aos seus pesadelos...

    "Desdebuxada a liña que separa delirio de realidade, Roca xoga co lector a pracer, facendo avanzar unha anécdota por inusitados terreos nos que o seu preciso grafismo serve de axustado vehículo ás necesidades da narración e eríxese nun artista capaz de deixarse imbuir dun pretérito surrealismo para poder levar a cabo todas aquelas aparicións do pintor", Sergio Benítez.


    "El juego lúgubre" é un cómic que, sen dúbida algunha, non deixará indiferente a ninguén, xa sexa para ben ou para mal. Pero se sodes amantes do estraño e vos gusta que a lectura vos atrape, vos sorprenda e, en maior ou menor medida, vos fascine, este é a todas luces o voso regalo do vindeiro Nadal.


  • En Libraría Vagalume seguimos tentando achegar a Banda Deseñada, sobre todo a feita en España, a un público que polo xeral non a ten en conta á hora de mercar un bo título. Traémosvos agora "Arquitectura para principiantes", de Josep Busquet e Alex Xöul.

    Historias de enemizades eternas, de guerras ou de relixión son só algunhas das mostras do que nos ofrece "Arquitectura para principiantes", unha obra onde os monumentos e edificios que aparecen son tan importantes como os habitantes que os ocupan.

    Ao longo das páxinas de "Arquitectura para principiantes" asistiremos á grande rivalidade entre os que foron os dous maiores arquitectos da cidade: Brinkevweiller e Finderklenson; tamén veremos a un pobre desgraciado planear a construcción do gran templo de Ythopomohkkk, así coma ao xoven herdeiro dos Fustrenshaker obrigado a seguir a tradición familiar e ser arquitecto, ou a Lord Williams Winchester Wallace tentando entrar no selecto clube de espeleoloxía urbana Katrinsky Thundermeyer (onde se exploran lugares abandonados polos cidadáns), ó grande Donicela Azul  levando a cabo o último dos seus grandes roubos, etc. E todo elo da man de Josep Busquet ("La revolución de los pinceles") e Alex Xöul, un debuxante que dará moito do que falar no futuro.

    "Apreciados editores: merquei un exemplar do seu "Arquitectura para principiantes" e a miña vida deu un xiro de 227 graos. A súa lectura fíxome ver que debía abandonar á miña muller e ós meus sete fillos, deixa-lo meu bufete de avogados, doa-la miña fortuna ós pobres para comeza-los meus estudios arquitectónicos. A miña vida é agora completa", Arnold P. Busckhenffeimer.

    "Gracias ó libro fun capaz de colocar varias trampas no meu palacete estival e desde entón as visitas familiares deixaron de ser un encordio. Non paro de recomendar a súa obra a todos os meus familiares e amigos", Jack Guntherfursters III.

    "Hai un antes e un despois na miña vida desde que coñecín o seu libro. Calquera día destos mércoo", Walter o Sapo.

    Apostade polo cómic nacional o facédevos co voso exemplar!




  • Por fin temos entre nós a agardadísima terceira e derradeira entrega da triloxía de Sarah Lark que comezara con "En el país de la nube blanca": "El grito de la tierra".

    Noza Zelanda, 1907. A infancia de Gloria remata de súpeto cando é enviada xunto á súa curmá Lilian a un colexio en Gran Bretaña. Se ben Lilian encaixa nos costumes que impón o Vello Mundo, Gloria quere voltar custe o que custe á terra que a viu nacer, para o que ideará un atrevido plan. O profundo sentimento que a empuxa a voltar marcará o seu destino e convertirá finalmente a Gloria nunha muller máis forte.

    A triloxía queda así completa con "En el país de la nube blanca", "La canción de los maoríes" e este "El grito de la tierra", convertindo a Sarah Lark nunha das escritoras de moda na actualidad. 

    Non agardes máis e faite co teu exemplar. Ou, se non liches ningún, aproveita e leos dunha tirada (tamén temos disponibles na tenda as díuas primeiras entregas).


  • En Libraría Vagalume seguimos apostando pola Banda Deseñada made in Spain, neste caso cun título de recente aparición do artista galego máis internacional: Miquelanxo Prado. O seu título, "Ardalén".

     Ardalén (ar do alén, aire do máis alá): vento ábrego (vento temperado e húmido do Sudoeste, que trae as chuvias) que sopra desde o mar á terra, procedente do Sudoeste, nas costas atlánticas europeas. Trátase dun vento húmido que chega a portar moitos quilómetros terra adentro cheiros a sal e iodo. Segundo as crenzas populares, o ardalén orixínase nas costas americanas, atravesa o Océano Atlántico e chega ó Sudoeste de Europa.

    "Los recuerdos, que son muchos, van y vienen, sin que yo consiga colocarlos. Nunca estoy seguro de qué sucedió antes o después, me bailan los nombres, las caras... Es como si el libro de mi vida allá se hubiese deshecho y me quedara en las manos un puñado de hojas que no consigo ordenar de nuevo. A veces, incluso, es com si esos recuerdos no fuesen míos... Ni siquiera estoy seguro de diferenciar lo que he vivido y lo que he imaginado" (en castelán no orixinal).

    Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable. Sabela tenta reconstruir unha historia, unha parte da súa historia, a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van entretexendo nese proceso de recuperación, outras persoas, outras memorias. Porque tamén somos o que os demáis recordan. E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño, e hai rancores e odios.

    Por iso recordar non é inocuo.

    Pero quen non recorda, non vive. 

    Xa disponible na nosa tenda. Ven por el!




  • Por fin temos nas nosas mans o novo traballo do reputado escritor Arturo Pérez-Reverte, "El tango de la Guardia Vieja".

    "Una pareja de jóvenes apuestos, acuciados por pasiones urgentes como la vida, se mira a los ojos al bailar un tango aún no escrito, en el salón silencioso y desierto de un transatlántico que navega en la noche. Trazando sin saberlo, al moverse abrazados, la rúbrica de un mundo irreal cuyas luces fatigadas empiezan a apagarse para siempre" (en castelán no orixinal).

    Un estraño desafío entre dous músicos, que leva a un deles a Bos Aires en 1928; un asunto de espionaxe na Riviera francesa durante a Guerra Civil española; unha inquedante partida de xadrez no Sorrento dos anos sesenta...

    "El tango de la Guardia Vieja" narra cun pulso admirable unha turbia e apaixonada historia de amor, traizóns e intrigas, que se prolonga durante catro décadas a través dus século convulso e fascinante, entre a luz crepuscular dunha época que se extingue.

    Un título imprescindible dun dos autores máis carismáticos do panorama literario español actual!